Iniciosociedade(AMPLIACIÓN) Ventos de 108,4 qm/h en Viveiro en pleno agosto e activada...

(AMPLIACIÓN) Ventos de 108,4 qm/h en Viveiro en pleno agosto e activada a alerta laranxa por temporal costeiro

Agárdanse ventos do oeste de forza 7 e mar combinado con ondas de ata seis metros, nun temporal que amainará a media tarde deste venres

Publicada o

- Advertisement -

O vento alcanzou na xornada do pasado xoves os 108,4 quilómetros por hora (qm/h) na localidade de Viveiro, o terceiro refacho máis forte dos documentados en Galicia, despois dos 119 qm/h que azoutaron Cuntis e dos 113,6 en Vimianzo. A Mariña Lucense estará en alerta laranxa por temporal costeiro na tarde deste venres.

No tocante á chuvia, o rexistro máis significativo tivo lugar en Lousame (83,5 litros por metro cadrado).

ONDADA

A Dirección Xeral de Emerxencia e Interior da Xunta de Galicia advertiu este venres que dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por temporal costeiro.

Aviso da Xunta. AXM

Así, activou a alerta laranxa por ventos do oeste ou suroeste con forza 7, ocasionalmente con forza 8 en Ortegal-Bares. O prognóstico é de mar combinado do oeste con ondas de cinco a seis metros. O aviso permanecerá ata a media tarde deste venres.

ADIADA A INAUGURACIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA

A inauguración da Feira de Artesanía de Viveiro, prevista para as 19.00 horas deste venres, quedou adiada ata o sábado, ás 10.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...