IniciosociedadeFoz e Barreiros piden colaboración á veciñanza ante a "falta de control"...

Foz e Barreiros piden colaboración á veciñanza ante a “falta de control” na recollida de lixo

O Concello barreirense establece cun bando días concretos para recoller voluminosos e vexetais, previa anotación, e o focego solicita responsabilidade co cartón e os enseres

Publicada o

- Advertisement -

Os Concellos de Foz e Barreiros fixeron este venres un chamamento á poboación destes municipios para que colaboren na recollida de lixo, pois ambos detectaron “eivas” e “falta de control” neste servizo.

O concelleiro de medio ambiente de Foz, Francisco Javier Fanego, sinala que moitos usuarios estána realizar unha separación incorrecta. “Aparecen multitude de cousas no colector que non corresponde ou restos orgánicos que se depositan sen bolsa”, explica.

Atopamos todos os días enseres, mobles vellos ou electrodomésticos ao lado dos colectores”, lamenta Fanego, que lembra que no mes de agosto non haberá durante os xoves recollida a domicilio deste tipo de residuos. O edil insta á poboación a utilizar o punto limpo de Escanlar, en Vilaronte, servizo gratuíto e aberto luns, mércores e venres, de 09.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas.

En setembro retomarase a recollida polas casas, previa inscrición no teléfono 982.13.31.59.

O edil salienta que se están a deixar as caixas de cartón “sen plegar e sen meter no colector correspondente”. Lembra que na fin de semana non hai recollida, só os martes e os venres, e pide “aos locais de hostalería, supermercados e tendas, que se non hai sitio deixen os residuos deste tipo no almacén ata que sexa o día correspondente.

Fanego tamén informa de que o 19 comezarase co lavado dos colectores, polo que solicita que o lixo se deposite “sempre en bolsas pechadas, para así garantir que ao día seguinte non están de novo dando mal olor como si non se lavasen”. Así mesmo, precisa que o retraso na recollida de lixo do día 6 debeuse a unha avaría no camión.

No relativo aos desbroces, o edil sinala que “pouco a pouco imos limpando a maleza acumulada” e pide á veciñanza que comunique “as accións que considere urxentes ou poidan quedar esquecidas”.

Fanego tamén fixo referencia ao saneamento. “Queremos incidir na mala práctica de tirar polo inodoro toalliñas de papel, bastonciños, tampóns e outro tipo de obxectos, que causan problemas en bombas, tubaxes, arquetas e estacións depuradoras”.

En Barreiros, un bando da alcaldía establece normas mínimas para a recollida de residuos voluminosos e restos vexetais que realiza o persoal municipal, previa anotación.

A alcaldesa, a nacionalista Ana Ermida, explica que se detectou “un incremento do depósito de residuos, tanto voluminosos como vexetais, en moitas ocasións sen ningún tipo de control. Isto supón por un lado unha moi mala imaxe do noso concello, ao estar os residuos depositados na vía pública, e por outro lado, un custo moi elevado para a administración local, ao incrementar o tempo que leva prestar o servizo”, sinala.

Así, a recollida de residuos vexetais será os martes e a dos voluminosos, os xoves. Será previa anotación (982.12.40.02), “para que se poidan organizar rutas que contribúan a aproveitar mellor os recursos públicos”, expón Ermida.

O goberno municipal pide a colaboración da veciñanza “para tentar manter unha imaxe limpa do noso concello” e lembra que está prohibido depositar residuos en lugares públicos ou a carón dos colectores de lixo.

Ademais da necesidade de anotarse previamente para a recollida, que será organizada e notificada posteriormente polo persoal municipal, márcanse unha serie de condicións para o depósito de restos vexetais. Así, debe realizarse en bolsas pechadas, sempre que sexa posible. Se o material non o permite, por ser pólas ou ramallos, deben prepararse gavelas amarradas dun máximo de 50 centímetros de diámetro e un metro de lonxitude, a efectos de facilitar a recollida.

O goberno municipal pide a colaboración da veciñanza “para tentar manter unha imaxe limpa do noso concello, que redunda no beneficio xeral” e lembran que está prohibido depositar residuos en lugares públicos ou a carón dos colectores de lixo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...