IniciosociedadeA Mariña estará "en emerxencia" pola falta de pediatras na segunda quincena...

A Mariña estará “en emerxencia” pola falta de pediatras na segunda quincena do mes, di a plataforma

O colectivo teme pola atención ao non cubrir o Sergas as vacacións dos especialistas e atribúe a situación ao concepto "economicista" que a Xunta ten da sanidade pública

Publicada o

- Advertisement -

Unha das voceiras da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña e concelleira en BarreirosMontserrat Porteiro, alertou este luns da situación de “emerxencia” na comarca pola falta de pediatras.

Porteiro cualificou a situación de “moi grave” e advertiu de que se “vai a agravar máis, porque a partir do 15 de agosto” estarán “sen pediatras en Barreiros, Mondoñedo e Lourenzá por vacacións, situación denunciada polo Concello barreirense. Tamén estará de días libres o de Cervo e Xove e ata o 19 non se incorpora a de Ribadeo“, abundou.

Á súa vez, expuxo Porteiro, “un dos dous pediatras de Burela tamén se toma vacacións, ao igual que acontecerá en Viveiro“.

Para Porteiro isto é sinónimo de “a maneira que ten a Xunta de Galicia de xestionar os recursos sanitarios, porque priman os modelos economicistas por riba das persoas”, argumentou.

“Dá igual que as persoas queden sen asistencia. Neste caso é máis grave porque a poboación á que se dirixe a estes coidados son persoas con capacidade de enfermar de súpeto“, chamou a atención sobre a situación nunhas datas, como as estivais, en que se multiplica a poboación na Mariña.

O SERGAS APELA AOS MÉDICOS DE CABECEIRA

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) insiste en que “nunca se cubriron” as vacacións destes profesionais e que os médicos de cabeceira “están perfectamente capacitados” para atender á poboación menor de 14 anos.

RIOTORTO E A PONTENOVA, CO MESMO PROBLEMA

Con todo, segundo puido saber o Xornal da Mariña, a especialista do centro de saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) de Meira, do que dependen A Pontenova e Riotorto– ademais dos concellos chairegos de A Pastoriza, Ribeira de Piquín e Pol– está tamén de vacacións, o que provocou que este luns pequenos destes municipios fosen derivados a especialistas de atención primaria de Lugo ou Vilalba despois de seren revisados polo médico de familia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...