A 41 edición da Queimada Popular pechará a semana grande de Cervo, que abrirá a Festa do Ovo Frito

A exaltación gastronómica, o día 14, dará comezo ás festas patronais na honra de San Roque, que rematarán o sábado coa chegada das meigas

Presentación da Queimada Popular de Cervo. AXM

A Queimada Popular de Cervo, Festa de Interese Turístico Galego, cumprirá o vindeiro sábado, 17 de agosto, a súa 41 edición, pechando a semana grande da capital do concello.

A cita foi presentada na Praza do Souto polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e Rafa Blas, Sandra DuarteCarlos Sanz, os representantes da Asociación Airiños do Xunco, que organiza a celebración en colaboración co Concello.

MERCADO TRADICIONAL

Os actos arricarán ás 10.00 horas, coa apertura da vixésimo terceira edición do Mercado Tradicional. Ás 12.00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas do grupo de gaitas Medio Quinhón. As 13.00 horas, as mencionados cargos públicos lerán o pregón.

Entre as 12.00 e as 16.00 horas poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.

A BATALLA ENTRE O BEN E O MAL, A ESCENA

Xa pola noite, ás 23.00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as escolas vellas ata a Praza do Souto. E ás 23.45 horas será a agardada escenificación da Queimada Popular, que representa a batalla entre o ben e o mal, simbolizado polas meigas. Sabela Blanco, Carla Díaz, Eva Martínez, Chus González e Raquel Blas encárganse de dirixir á veciñanza que participará na peza.

A continuación servirase de balde a popular bebida -a todo aquel que merque a taza correspondente- e o toque musical correrá a cargo de Sintrom ni Son, A Compañía do Ruído, The Tetas´ Van e Malditos Pendejos.

Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.

Festa do Ovo Frito. AXM

PATRONAIS DE SAN ROQUE

A Queimada pechará unha semana atractiva en Cervo, coa celebración da Festa do Ovo Frito, o día 14, que organiza a SD Cervo-Sargadelos, e das festas patronais do San Roque.

Cartel das Festas Patronais de Cervo. AXM

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here