IniciosociedadeO PSOE urxirá á Xunta no Parlamento a dragar o Porto Chico

O PSOE urxirá á Xunta no Parlamento a dragar o Porto Chico

A deputada parlamentaria Patricia Otero asegura que a falla de calado afecta aos pescadores deportivos e tamén a embarcacións de salvamento de Foz e Barreiros

Publicada o

- Advertisement -

A secretaria provincial do PsdeG-PSOE en Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero, avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia coas que insta a Xunta de Galicia a que licite, de xeito urxente, a dragaxe do Porto Chico de Foz.

Nas iniciativas rexistradas na Cámara autonómica, Otero sinala que “é un tema que se leva denunciando dende fai moitos anos. Pescadores deportivos de forma individual, asociacións, clubs, socorristas e partidos políticos levan anos denunciando a falla de calado que sufre o porto deportivo de Foz, Porto Chico, no que atracan moitas embarcacións e tamén varias zodiacs de salvamento, entre elas a que emprega Protección Civil de Foz e tamén os socorristas de Barreiros”, explica.

PROPOSICIÓN APROBADA POR UNANIMIDADE

A deputada parlamentaria socialista lembra que “o Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei na Comisión oitava na que se lle instaba á Xunta de Galicia a que realizara esta obra de dragaxe de xeito urxente. Pero a día de hoxe a falla de calado e as malas condicións de abrigo das instalacións do Porto Chico de Foz seguen empeorando, sen que a Xunta de Galicia aporte solución algunha”, reitera.

En maio, En Marea lembrara esta situación, esixindo que presentase un programa con “cronograma e orzamentos” para levar a cabo a actuación.

A ZODIAC DE BARREIROS NON PUIDO SAÍR PARA UN RESCATE

Segundo se pode constatar “a falla de calado implica que as embarcacións teñan problemas para entrar e saír de dito porto, coa conseguinte falla de seguridade que isto implica. Concretamente fai uns dias os socorristas de Barreiros tiveron que actuar dende a praia para socorrer a varios bañistas ante a imposibilidade de empregar a súa zodiac de salvamento, atracada no Porto Chico de Foz, porque esa falla de calado impediu saír do porto de Foz ás embarcacións de salvamento”, sinalan.

Pola súa banda, o alcalde de Foz, Francisco Cajoto, remarcou que dende o PSdeG-PSOE de Foz “ten amosado publicamente o respaldo ás iniciativas que instaban a Portos de Galicia a acometer de xeito urxente a dragaxe do Porto Chico de Foz. Xa en 2013 aprobouse por unanimidade do Pleno do Concello de Foz unha moción do grupo socialista focense na que se lle instaba á Xunta de Galicia a que acometera esta dragaxe”, salienta. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...