Feitizo e Xakarandá, premiados na Feira de Artesanía de Viveiro, que segue aberta

A primeira das marcas levou o galardón á mellor peza e a segunda ao stand máis logrado

A concelleira de cultura, Lara Fernández-Noriega, coa artesá de Xakarandá. AXM
A organización da Feira de Artesanía de Viveiro deu a coñecer os gañadores do concurso da trixésimo sexta edición do evento, que se celebra estes días nos xardíns de Noriega Varela.

MELLOR PEZA

O premio á mellor peza, dotado con 100 euros, foi para Feitizo, cunha creación feita con cravos de ferrar.

MELLOR STAND

O posto número 9 da feira, Xakarandá, resultou gañador do galardón ao mellor stand, cun premio de 200 euros.

XURADO

O xurado estivo formado por El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal da Mariña, a concelleira de cultura, a presidenta da asociación Proa e un artesán orfebre de Lugo que non participa na feira deste ano.
Entrega do premio ao titular de Feitizo. AXM

SEGUE ABERTA

A feira continúa aberta cun total de 30 marcas, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 22.30 horas. Podes consultar aquí o programa completo e a nómina de artesáns que participan.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here