Trece comercios ofrecerán “gangas” na Feira de Stocks de Viveiro

Na cita, do 20 ao 22 de agosto, poderanse mercar artigos de moda de home, muller, e infantil, así como regalos e complementos, mobles ou decoración

Feira de Stocks de Viveiro. CCHV

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV), en colaboración co Concello de Viveiro, organiza do 20 ao 22 de Agosto a sétima Feira de Stocks.

A cita ofrecerá “unha ampla variedade de sectores e artigos” que serán postos á venda
“a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables”, expoñen desde o CCHV.

Participarán nesta nova edición un total de 13 stands adicados á venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, regalos e complementos, deportes, mobles, decoración e artigos do fogar.

Os comercios participantes na feira son: Muebles Iglesias, Fontana, Kody e Kody Kids, Versus, Complementos Sulian, Piti Deportes, Raquel Seijido, Albo Zapaterías, Óscar Joyeros, Kerale Moda, Standhome, Van Surf e Van Surf Sneakers.

O colectivo de comerciantes prevé que a cita sexa un éxito dada a afluencia de visitantes a Viveiro no mes de agosto e en vista da asistencia a outras edicións dun evento que, para os clientes locais, se converteu tamén nunha referencia.

HORARIOS

O horario da Feira de Stocks de Viveiro será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.30 horas durante os tres días, nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here