IniciosociedadeO treito Ribadeo-Cudillero do tren que une Galicia e Cantabria, por estrada...

O treito Ribadeo-Cudillero do tren que une Galicia e Cantabria, por estrada debido a avarías

A plataforma polo tranvía da Mariña e Ortegal pide aos Concellos que se involucren tras un verán que, sostén, confirma "a intención de Renfe de expulsar clientes e eliminar o servizo"

Publicada o

Este mércores producíronse incidencias na liña de media distancia de tren que percorre o Cantábrico. Os traxectos entre Ribadesella e Llanes e Oviedo e Santander, e o tramo entre Cudillero e Ribadeo do treito entre a capital de Asturias e Ferrol están a realizarse por estrada.
Segundo varios apuntamentos en Twitter de InfoRenfe, a canle oficial de información de tráfico de Renfe Viaxeiros, as incidencias débense a “motivos técnicos“.
- Advertisement -

Así, as conexións de media distancia de Asturias con Cantabria e Galicia non se poden realizar integramente por tren, xa que os usarios teñen que realizar os tramos entre Llanes e Ribadesella e entre Cudillero e Ribadeo, xa en Galicia, por estrada.

ENTRE FERROL E RIBADEO, CON “NORMALIDADE”

Fontes de Renfe aseguran que desde Ribadeo a Ferrol o percorrido está a facerse “con normalidade” no tranvía, e asegura que as incidencias se deben a “avarías” nas unidades de tren.

CRÍTICAS AO SERVIZO DURANTE O VERÁN

A Plataforma Polo Ferrocarril Ferrol-Ribadeo fixo balance dos servizos de tren de Renfe-Feve na Mariña Lucense e Ortegal e conclúe que a situación é de “total ovido e desleixo”, polo que conclúe que existe unha “franca intencionalidade” por parte da operadora de “tentar expulsar aos usuarios do travía” para “levar a cabo unha drástica redución ou eliminación” do mesmo.
O colectivo explica que durante este verán “volvemos sufrir supresións de servizos e diariamente prodúcense retrasos pola falta de debido mantemento do material rodante”. Neste senso, precisa que se seguen a producir avarías “malia o Plan de Reformas comprometido en 2017“.
A plataforma lembra que unha unidade, a 2426-2476 con base en Ferrol, “permaneceu semanas apartada nunha estación logo de sufrir un descarrilamento en Asturias, o que facilitou o vandalismo, que deixou o tren nun estado deplorable”. O colectivo tamén critica que Renfe “pretenda vender unidades a Madagascar cando non é capaz de prestar os servizos por falta de material”.

NA MARIÑA, TRENS DE 30 ASENTOS “CANDO HAI LIBRES DE 80”

Neste senso, destaca que as 40 unidades diésel asignadas para todas as comunidades polas que discorre o ancho métrico “non son suficientes” e que o último contrato asinado “só contemplan cinco duais que poden utilizarse en zonas sen electrificar, como Galicia“.
Ademais, a plataforma aféalle a Renfe que “na maioría” dos servizos rexionais que percorren A Mariña Lucense en época estival, tempo “de festas e praia”, asigne “unidades de só 30 asentos, as 2900, en lugar das de 80 ocupantes, as unidades 2400 ou 2700″.
O mellor exemplo desta situación, expón a plataforma, é o caso do grupo de rapaces que non puido usar o servizo por ir cheo nese momento, “cousa que se repetiu en máis ocasións nestes últimos veráns”.
A plataforma tamén fala de transportes alternativos por estrada, en autobuses ou taxis, “con máis dunha hora de atraso“, e critica que “continuadamente os servizos circulan sen interventor“, polo que non hai asistencia aos usuarios nin estatísticas de clientela.

PIDEN A IMPLICACIÓN AS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS

A plataforma reclama a “reforma garantida” de todas as unidades, dotar á base de mantemento de Ferrol dunha quenda de noite para reparar trens que avarían polo día, dotar a todos os servizos de revisor.
Diante desta situación, o colectivo reclama “a intervención dos Concellos involucrados na liña”, pois “necesítase con urxencia demandar solucións a estes tremendos
problemas que se continúan a mater no tempo, hipotecando o presente e futuro deste servizo, esencial para a poboación a todos os efectos e dinamizador do turismo“.

NO 2018, 738 TRENS SUPRIMIDOS NO VERÁN

Entre xuño e setembro do 2018, segundo a propia operadora recoñeceu a En Marea, suprimíronse 738 trens da liña Ferrol-Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...