(AVANCE) A Mariña, único xeodestino da provincia que medra en agosto, cun 91,5% de ocupación hoteleira

A bisbarra foi a terceira comarca máis visitada, despois da Ribeira Sacra e do centro de Lugo

A Rapadoira, en Foz. CONCELLO DE FOZ/XESÚS DO BREOGÁN

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelaría e Turismo de Lugo (APEHL) informou de que a ocupación hoteleira na provincia superou, de media, o 88% durante o mes de agosto. A Mariña Lucense é o único xeodestino lucense que medra con respecto ao nao 2018, cun 91,5%.

A Ribeira Sacra foi a zona da provincia con maior porcentaxe de ocupación, dado que os establecementos hoteleiros da comarca, que aspira a ser declarada Patrimonio da Humanidade, alcanzaron unha media do 95%.

A zona centro de Lugo chegou ao 94,8%, mentres que A Mariña estivo ao 91,5, a Terra Chá ao 83,7 e A Montaña quedouse cun 75% de ocupación nos seus establecementos hoteleros.

En relación coas cifras do ano pasado, a asociación precisa que os datos son “moi similares aos da campaña de 2018, salvo no caso da Mariña”, onde se percibe un “lixeiro incremento de turistas”.

EN XULLO, AO 85%

No pasado mes de xullo, os hoteis da Mariña Lucense estiveron ao 85%, segundo a mesma fonte.

ASIA, NOVO MERCADO TURÍSTICO

En canto á procedencia dos visitantes, destaca a aparición de “un novo perfil de turista internacional, chegado de Corea e de China“, interesado sobre todo na Ribeira Sacra.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here