IniciosociedadeA Xunta nega que as obras no CEIP nº 1 de Foz...

A Xunta nega que as obras no CEIP nº 1 de Foz vaian retrasar o inicio do curso

O Goberno autonómico salienta que se deu prioridade as actuacións "no interior das edificacións" e que "poden continuar" traballos "no exterior" que non "interferirán na actividade"

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia negou este mércores a través dun comunicado que un retraso nas obras de reforma do CEIP nº 1 de Foz vaia adiar o inicio do calendario escolar do 11 ao 16 de setembro, como denunciou o Bloque Nacionalista Galego (BNG).

A Consellería de Educación afirma que as obras de rehabilitación integral e mellora da eficiencia enerxética se están a desenvolver nos centros educativos da Mariña lucensea (CEIP Nº1 de Foz, CEIP de Cervo e CEIP Virxe do Carme de Burela) execútanse “ao ritmo previsto“.

Así, desde a Xunta sosteñen que “mantense, sen novidade, a data de comezo do curso escolar, establecida o 11 de setembro para o alumnado matriculado en segundo ciclo de infantil, en primaria e en educación especial”.

Segundo o comunicado, “o equipo técnico da Consellería, en coordinación coas empresas adxudicatarias das obras e cos equipos directivos dos centros, deron prioridade ás obras que afectan ao interior das instalacións, aulas e espazos docentes precisamente para que estean listos de cara ao inicio do curso”.

Así, o Goberno autonómico admite que “poden continuar algúns traballos no exterior -fundamentalmente as fachadas dos centros- ou pequenos remates no interior das instalacións, que en ningún caso interferirían na actividade ordinaria dos colexios”.

MANTENSE “O CALENDARIO PREVISTO”

O Bloque acusara ao Executivo de “non dar a cara” e subliñara que foron os docentes quenes tiveron que advertir aos pais da situación. Neste senso, a Xunta argumenta que “os equipos directivos dos centros informan puntualmente á comunidade educativa (nais, pais e alumnado) sobre o calendario, datas e horarios relativos ao novo curso que, cómpre insistir, non están previsto que sufran ningún cambio“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...