Limpeza reivindicativa en Coído do BNG de Xove, que reclama “máis servizos” nas praias

Os nacionalistas piden ao Concello que prolongue un mes o servizo de socorrismo en Esteiro

Limpeza da praia de Coído. AXM

O BNG de Xove fixo o pasado venres unha recollida de lixo na praia de Coído, no litoral de Vilachá. Os nacionalistas reclamaron deste xeito simbólico “a limpeza impeza parcial dos areais e litoral para disfrute dos veciños, e non só para cando veñen os turistas”.

A formación frontista emitiu un comunicado no que se refire ao areal de Esteiro, “que medrou como principal foco de turismo de sol no municipio” sen que “medraran tamén os servizos”.

Así, desde o BNG de Xove denuncian que “ao longo de todo o verán, fomos recibindo fotografías dos baños públicos do areal, sobre todo o de mulleres debido aos produtos de hixiene íntima que se ían acumulando”.

Os nacionalistas tamén piden para a praia, que contou con tres socorristas durante os meses de xullo e agosto, servizo de socorrismo no mes de xuño ou setembro. Aseguran que se trata “dunha promesa” do goberno local “que segue sen cumprirse”.

Somos conscientes e realistas de que hai areais que non precisarían de dito servizo, pero o principal foco de turismo de sol e plaia no noso municipio, Esteiro, si”, indican.

MUÍÑOS DE RIBEIRA

Deste xeito, o BNG xovense insta ao Concello a facer “políticas de turismo a longo prazo”. Neste senso, salientan a situación dos muíños de ribeira que se atopan en Coído, “en total abandono”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here