Manuel Román pregoará a vixésimo novena edición da Festa da Faba de Lourenzá

O mestre xubilado e investigador pronunciará o pregón do evento o 5 de outubro

Manuel Román. AXM

O mestre xubilado e estudoso da Historia local Manuel Román Ramos pregoará a vixésimo novena edición da Festa da Faba de Lourenzá.

Máis coñecido no municipio como “Manolo de Cartas“, o investigador pronunciará o pregón o día 5 de outubro, sábado, ás 12.00 horas. Segundo anunciou o Concello, nesa mesma xornada actuará o grupo de rock Astarot.

AUTOR DE ESTUDOS SOBRE DEL RIEGO OU O MOSTEIRO

Román publicou no ano 2001 un libro de homenaxe a Francisco Fernández del Riego, ‘Vivir unha vida, e anos máis tarde unha reedición ampliada titulada ‘Lume aceso‘.

Segundo explica o concelleiro de cultura, o socialista Manuel Arango, o pregoeiro ten numerosos estudos publicados e inéditos sobre a orixe do mosteiro de San Salvador, a figura do Conde Santo, a toponimia e o nacemento do concello de Lourenzá. É un asiduo colaborador e relator nas xornadas de Historia local que organiza cada ano o Concello.

“É un luxo que Manuel Román aceptara ser o pregoeiro nesta edición da Festa da Faba”, conclúe Arango. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here