IniciosociedadeO PP insta ao Concello a "non bloquear" a EDAR e Cajoto...

O PP insta ao Concello a “non bloquear” a EDAR e Cajoto lémbralle que o expediente está na Xunta

Castiñeira pídelle ao bipartito de Foz que se posicione sobre a depuradora, mentres que o alcalde mantén que a ubicación en Forxán "non nos parece axeitada"

Publicada o

- Advertisement -

Partido Popular (PP) de Foz e Concello polemizaron este mércores polo anteproxecto da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR). Os conservadores informaron da presentación dunha moción para que o Concello prosiga co procedemento, unha iniciativa que “non procede” segundo o alcalde, Fran Cajoto, dado que “quen ten que alixizar a resolución de alegacións é Augas de Galicia“.

O voceiro dos populares focegos, Javier Castiñeira, asegurou que “preocúpanos que o bipartito poida dar marcha atrás” ao expediente, que se atopa “nun estado moi avanzado de tramitación”. O PP de Foz lembra que PSdeG-PSOE e BNG opuxéronse á ubicación -na Granda de Forxán– proposta polos conservadores e por Foz Plataforma de Futuro (FPF).

Castiñeira asegura que a tramitación da nova depuradora está “pendente de que Augas de Galicia resolva as alegacións ao anteproxecto que foi sometido a exposición pública o pasado 22 de febreiro, e sexa informado polo órgano ambiental competente”.

“A partir de aí deberá ser a corporación municipal a que teña que confirmar o anteproxecto en pleno e poñer a disposición os terreos” para que Augas de Galicia licite a construción, expón Castiñeira, “de acordo co convenio asinado en agosto de 2016 entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente, que comprometeu oito millóns de euros” para a obra.

Deste xeito, Castiñeira insta a PSdeG-PSOE e BNG a “posicionarse” e ou ben “ser consecuentes co dito ata agora” e “rexeitar o anteproxecto actual”, o que suporía “perder anos de tramitación e de financiamento” ou ben “apoiar a nosa moción e demostrar a súa incoherencia”.

O PP afirma que Cajoto e o tenente de alcalde, Javier Fanego, mantiveron unha reunión en agosto cos responsables de Augas de Galicia “ás costas da comisión de seguemento da depuradora”, polo que “pedimos que se dea conta do falado na mesma”.

A UBICACIÓN SUPORÁ “UNHA COTA DE RESIDUAIS ELEVADA”

Cajoto asegurou que “parece que o voceiro do PP descoñece un procedemento aberto” de sometemento a exposición pública do anteproxecto e que “son normais as reunións entre gobernos locais e Augas de Galicia”. Respecto ao expediente, lembrou que está na fase de consideración das alegacións presentadas, “varias referidas á afectación sobre as praias de Llas e Peizás“.

Así, o rexedor instou a Castiñeira a “pedirlle que non bloquee o proceso a quen o ten aberto, que é Augas de Galicia, que é quen debe resolver as alegacións”.

Cajoto entende que Castiñeira “erra o tiro” pois “equívocase de porta” ao “querer unha vez máis marcar a folla de ruta, cando o que lle corresponde porque así o elixiron os veciños é fiscalizar ao goberno local desde a oposición”.

No tocante á ubicación, o alcalde focego mantén que a ubicación aprobada no pleno no 2015 “non nos parece a correcta“, pois “a cota de augas residuais vai ser elevada e vai supoñer un gran custo enerxético“. No pasado mes de marzo, os socialistas rexeitaron o anteproxecto polos “prexuízos medioambientais” nos areais mencionados e por que non incluía “a separación de augas fecais e pluviais na rede de saneamento. Mesmo dubidaron da viabilidade da obra ao “non marcase o aliviadoiro á ría”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...