Cervo obrigará a bares, quioscos e postos ambulantes a manter limpo o espazo público ocupado

O goberno local elabora unha ordenanza que regulará tamén a tenza de animais e a protección de edificios e mobiliario urbano

Goberno municipal e Policía Local redactan a ordenanza. AXM

O Concello de Cervo prepara unha ordenanza medioambiental que regulará a limpeza dos espazos públicos, a tenza de animais ou a protección de edificios e mobiliario urbano.

A nova normativa obrigará aos titulares de quioscos, postos de venda ambulante, tendas ou locais de hostalería a manter limpo o espazo público que teñan ocupado, retirando calquera residuo derivado da súa actividade.

O regulamento tamén prohibirá a realización de todo tipo de pintadas na vía pública, desde as beirarrúas ata os muros e fachadas dos edificios.

En relación cos animais domésticos, a ordenanza fixará as obrigas dos propietarios, que deberán recoller as súas dexeccións e serán responsables do seu comportamento.

A POLICÍA LOCAL VIXIARÁ O CUMPRIMENTO DA NORMATIVA

As edís de Ecoloxía e Medio Ambiente, Denis Galán e Mali Méndez, están a participar xunto ao alcalde, Alfonso Villares, e os responsables da Policía Local na elaboración da normativa. O corpo de seguridade municipal encargarase das labores de vixilancia e control do cumprimento da regulamento.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here