Lourenzá revindicará o seu pasado campesiño no Pazo de Tovar

A segunda edición da Festa Campesiña, o 14 de xullo, inclúe actividades para nenos, teatro, música e unha cea campestre

Presentación do cartel. AXM

O Concello de Lourenzá, coa colaboración do tecido asociativo laurentino e a Deputación Provincial de Lugo, organiza o sábado 14 a segunda edición da Festa Campesiña. O evento comezará a partir das 17.30 horas nun espazo emblemático do municipio, como é o Pazo de Tovar.

O programa arrincará cun obradoiro de xoguetes musicais para nenos, a cargo de Pablo Pintor. Ao seu remate, o grupo de teatro Os Trangalleiros de Lourenzá interpretará unha peza teatral, con inicio previsto para as 19.00 horas.

A continuación, a Murga Cántigas e Frores poñerá a nota musical, con baile tradicional. Acto seguido, abrirase unha exposición de fotos antigas. A festa seguirá cunha cea campestre, desde as 21.00 horas, e unha degustación de queimada. O Dúo Karmin amenizará a verbena.

PREMIOS PARA OS MELLORES TRAXES

A organización disporá premios para os mellores traxes de época, con categorías infantil e adulta.

A alcaldesa de Lourenzá, a socialista Rocío López, e maila edil Mercedes Dengra, presentaron o cartel do evento. A rexedora asegura que “esta cita é unha das máis singulares dentro do calendario lúdico do noso municipio. É un punto de encontro, de reunión, no que todos os veciños acoden a este lugar a pasar un día en sociedade e a gozar dos encantos que esconde esta fermosa fortaleza”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here