Clave de Fado e Vaamonde e Romero actuarán na Festa da Faba de Lourenzá

Concertos obradoiros de cociña para nenos, demostracións de oficios e a quinta quedada de vehículos clásicos destacan na programación dos festexos, do 4 ao 6 de outubro

Vaamonde e Romero repasarán pezas con 24 instrumentos tradicionais galegos. AXM

O Concello de Lourenzá deu a coñecer este luns o programa completo da vixésimo novena edición da Festa da Faba, que se celebrará entre o 4 e o 6 de outubro.

O goberno local xa avanzara que o grupo de rock Astarot actuará o día 5 (21.00 horas) nos festexos, e tamén que o pregoeiro desta edición será o estudoso Manuel Román (tamén o sábado, ás 12.00 horas).

A protagonista será a faba, coas degustacións e o mercado da leguminosa, pero o programa conta con varias actividades paralelas. Entre elas, as actuacións de Clave de Fado (o venres, no salón de actos do consistorio, ás 19.30 horas), ou de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, que o domingo ofrecerá o seu espectáculo ‘24 instrumentos populares galegos‘.

 

ACTIVIDADES PARALELAS

A quinta edición da concentración de coches clásicos (o sábado, desde as 11.00 horas), un obradoiro infantil de cociña de fabas (o domingo, no mesmo horario) ou as demostracións de oficios e xoguetes artesáns son outras das actividades paralelas da festa de exaltación gastronómica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here