IniciosociedadeCritican o anuncio da bolsa de vivendas baleiras "un día despois" de...

Critican o anuncio da bolsa de vivendas baleiras “un día despois” de pedila VIA nunha moción

Os independentes aplauden esta medida, "proposta" pola formación "na pasada lexislatura", pero censuran que o Concello "non esperase ao pleno do vindeiro venres" para anunciala

Publicada o

- Advertisement -

Veciños Independentes de Alfoz (VIA) critica que o Concello anunciase que creará un rexistro de vivendas baleiras do municipio para combater o despoboamento “só un día despois” de que a formación “presentase por rexistro unha moción instando ao goberno local a que crease este servizo”.

Os independentes aplauden esta medida, aínda que se mostran “soprendidos” polo momento no que se realiza o anuncio, “sen esperar ao pleno do vindeiro venres”, e tamén porque “esta iniciativa foi proposta por VIA a mediados da pasada lexislatura sen conseguir o apoio do PSdeG-PSOE”.

O voceiro da formación, Xabier Pardiñas, lembra ademais que coa bolsa de vivendas baleiras conseguirase “facilitar o contacto entre propietarios e potenciais inquilinos ou compradores”, pero “deberán ser exclusivamente as partes interesadas as que fixen os termos dun posible acordo, sen que o Concello poida predeterminar, valorar nin condicionar o negocio xurídico”.

Respecto ao Programa de Vivendas Baleiras do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Pardiñas expón que “no pleno celebrado o 1 de marzo de 2019 acordouse por unanimidade” comunicarlle ao ente autonómico “o desexo do Concello de Alfoz de participar en dito programa”. O ex tenente de alcalde indica ademais que participou nunha xuntanza en Santiago de Compostela para aprobar as bases reguladoras do plan, que tiveron luz verde do Pleno “o 19 de abril de 2019”. Polo tanto, entende o anuncio do executivo municipal como “acto propagandístico”.

REHABILITACIÓN DAS CASAS DOS MESTRES

Pardiñas sostén que VIA e PSdeG-PSOE discreparan pola adhesión ao programa da vivenda privada, “pois os socialistas só pretendían adherirse ao programa para rehabilitar as antigas casas dos mestres”. Deste xeito, móstrase “satisfeito porque o alcalde corrixise o seu erro”.

O voceiro de VIA recorda tamén que “en alusión ao subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres debo indicar que a convocatoria do ano 2019 rematou o pasado 31 de maio, estando o goberno en funcións, non estando convocadas neste intre a seguinte anualidade“. Pardiñas remarca que Alfoz “non cumpre actualmente todos os requisitos para poder solicitar” esas axudas.

GRATUIDADE DOS LIBROS ESCOLARES

Os independentes rexistraron outras mocións para o pleno do vindeiro venres. Unha delas é relativa á gratuídade dos libros de texto. VIA insta ao Concello a eximir ás familias do alumnado de primaria de pagar este material, dado que actualmente o goberno local financia “os volumes dos escolares de infantil. Non entendemos cal é a diferenza”, sosteñen.

MANTEMENTO DE VÍAS E PONTES

No pleno do próximo venres, Via presentará tamén unha moción referida á “falta de mantemento” dos aproximadamente 60 quilómetros de estradas de titularidade provincial que percorren o concello, incidindo concretamente na tardanza dos desbroces durante o verán”.

Por outra banda, “en vista de que non se tomou ningunha medida despois da moción aprobada por unanimidade no pleno de 24 de novembro de 2017”, VIA salienta que “as modificacións no trazado e anchura dalgunha destas vías nuns casos e a falta de mantemento noutros, fixeron que algunha das pontes existentes sexan un punto perigoso tanto para o tráfico rodado como para os peóns”. Así, citan as Pontes de Bao e Centoi (Lagoa), á Ponte de Santa Mariña (Mor) e a Ponte de Pías (Adelán).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...