IniciosociedadeA Xunta financiará con 1,18 millóns catro obradoiros de emprego na Mariña...

A Xunta financiará con 1,18 millóns catro obradoiros de emprego na Mariña Lucense

Os talleres, que beneficiarán aos municipios do Vicedo, Ourol, Xove, Cervo, Burela e Ribadeo, ademais de Muras, permitirán a contratación de 94 persoas

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia financiará a posta en marcha de catro obradoiros de emprego que implican a seis concellos da Mariña Lucense e mailo chairego de Muras, para o que destina un orzamento de 1,18 millóns de euros.

O delegado territorial do Executivo autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, informou hoxe da resolución, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas dirixidas a concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para a posta en marcha destas iniciativas.

Os obradoiros aprobados, que recibirán o financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria, permitirán segundo expuxo Balseiro a contratación de 94 persoas, entre alumnos-traballadores (un total de 76) e persoal de dirección, administración e monitores (18 contratos).

TRES DELES, CUNHA DURACIÓN DE NOVE MESES

Os beneficiarios recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.

Dos catro obradoiros que se porán en marcha na Mariña, tres deles serán duais, cunha duración de nove meses: Os de Ribadeo Alén do Camiño, tamén o de Sendas de Xove, Cervo e Burela VI e, finalmente o Terras do Sor III, que comparten os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras.

En Ribadeo Alén do Camiño, as especialidades abordadas serán a confección e publicación de páxinas web e a promoción turística e información ao visitante. Disporá de 20 alumnos, catro docentes e unha subvención de 336.446 euros.

No tocante a Sendas de Xove, Cervo e Burela VI, o alumnado formarase en operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xarinaría, en conservación e mellora de montes e en repoboación, corrección hidrolóxica e construción e mantemento de infraestruturas forestais. Participarán deste taller, co idéntica achega económica, 20 alumnos e cinco profesores.

Finalmente, Terras do Sor III formará aos participantes en atención sociosanitaria de persoas a domicilio e traballos de carpintería e moble.

TALLER DE GARANTÍA XUVENIL

Ademais, desenvolverase un taller de garantía xuvenil, en Ribadeo. Trátase de Doc Tic III, dirixido especificamente a mozo e moza menores de 30 anos. Terá unha duración de seis meses e os participantes deben estar inscritos e en situación de beneficiarios no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da comunidade autónoma.

Este taller formará a 16 alumnos, coa participación de catro profesores, e contará cunha achega da Xunta de 180.000 euros.

INICIO EN NOVEMBRO

O inicio dos obradoiros duais está previsto para o mes de novembro, segundo anunciou Balseiro. En canto aos taller de garantía xuvenil, xa se atopa na fase de selección de persoal e comezarán “en breve”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...