IniciosociedadeBarreiros, o cuarto concello galego que máis poboación soporta en verán en...

Barreiros, o cuarto concello galego que máis poboación soporta en verán en función do número de residentes

Só Sanxenxo, Mondariz-Balneario e O Grove superan ao municipio barreirense, que asumiu no terceiro trimestre do 2017 un 36,65% máis de poboación, segundo datos do IGE

Publicada o

- Advertisement -

Barreiros foi o cuarto concello de Galicia con maior taxa de carga poboacional no terceiro trimestre do ano 2017, segundo un informe do Instituto Galego de Estatística publicado este luns. Isto supón que é un dos municipios galegos que máis poboación aumenta en verán en función do número de residentes.

Segundo a análise, cuxo resumo podes consultar integramente nesta ligazón, o municipio barreirense experimentou no terceiro trimestre do ano unha taxa de carga poboacional do 136,65%.

Este valor defínese como a porcentaxe que representa o número de habitantes asumido temporalmente respecto á poboación residente. Así pois, será superior ou inferior ao 100% segundo o concello soporte máis ou menos poboadores dos que indica o seu número de veciños, é dicir, a poboación que soporta de máis ou de menos con respecto á súa demografía habitual.

1.089 PERSOAS MÁIS

Deste xeito, Barreiros, con 2.971 habitantes naquela altura, asumiu no terceiro trimestre de 2017 un total de 4.060 persoas (+1.089), polo que estivo sometido a un 36,65% máis de poboación da que indica o seu número de residentes.

Sanxenxo foi o concello con maior taxa de carga de poboación (186,06%) nese período do exercicio 2017; en Mondariz-Balneario, alcanzou o 162,14%; no Grove, o 143,88%.

O IGE atribúe os resultados de Barreiros “á entrada de non residentes
por motivos de turismo ou estancias en segundas vivendas“.

FOZ, O SEGUNDO CONCELLO DA MARIÑA

A táboa permite comprobar a incidencia do verán na Mariña Lucense. Tras Barreiros, Foz é o municipio que recibe un maior impacto, incrementando a súa poboación neste período en 2.272 persoas (un 22,57% máis).

Ribadeo foi o terceiro dos municipios mariñaos con maior taxa de carga de poboación (118,89%) e Trabada o cuarto (111,45%), afirmando o liderado neste apartado da Mariña oriental (119,78% de media) sobre A Mariña central (109,7%) e A Mariña Occidental (107,52%), na que sobresaíron O Vicedo (109,9%) e Viveiro (108,89%).

 

ESPAZO

CARGA POBOACIÓN

RESIDENTES

SALDO POBOACIONAL

TAXA DE CARGA POBOACIÓN

2705 Mariña Central

32532

29656

2876

109,7

         27002 Alfoz

1.941

1.807

134

107,42

         27902 Burela

10.052

9.758

294

103,01

         27019 Foz

12.338

10.066

2.272

122,57

         27027 Lourenzá

2.227

2.251

-24

98,93

         27030 Mondo.

3.984

3.748

236

106,30

         27063 Valadouro

1.990

2.026

-36

98,22

      2706 Mariña Occ.

27.445

25.525

1.920

107,52

         27013 Cervo

4.590

4.258

332

107,80

         27038 Ourol

1.121

1.068

53

104,96

         27064 Vicedo, O

1.909

1.737

172

109,90

         27066 Viveiro

16.525

15.176

1.349

108,89

         27025 Xove

3.300

3.286

14

100,43

      2707 Mariña Or.

19.442

16.232

3.210

119,78

         27005 Barreiros

4.060

2.971

1.089

136,65

         27048 Pontenova

2.500

2.354

146

106,20

         27051 Ribadeo

11.597

9.754

1.843

118,89

         27061 Trabada

1.285

1.153

132

111,45

27054 Riotorto

1317

1288

29

102,25

 

LOURENZÁ E VALADOURO, OS ÚNICOS CON SALDO NEGATIVO

No lado oposto, Lourenzá, cun 98,93% de taxa de carga de poboación, e O Valadouro, son os dous únicos municipios da bisbarra da Mariña Lucense nos que o saldo poboacional estivo por debaixo no terceiro semestre do ano respecto ao número de residentes habituais; -24 e -36, respectivamente.

A MARIÑA, CON 72.701 RESIDENTES, ASUMIU 80.736 PERSOAS

A nivel global, A Mariña acolleu no terceiro semestre do 2017 un total de 80.736 persoas nos 16 concellos – incluído Riotorto, computado na comarca de Meira nas estatísticas do IGE-, por 72.701 residentes, resultando unha taxa de carga de poboación do 109,81%.

PERNOITAS

No tocante á carga de poboación que pernoita, en Ribadeo rexistráronse neste período 735, o que supón o 7,54% dos seus 9.754 habitantes. Por detrás sitúase Barreiros co 7,20% e chama atención Trabada, quizais polo impacto do Camiño de Santiago, con 77 pernoitas por 1.153 habitantes (6,68%). O seguinte municipio é Viveiro, co 2,22%.

         27048 Barreiros 2.971 214 7,20
         27051 Ribadeo 9.754 735 7,54
         27061 Trabada 1.153 77 6,68

 

O IMPACTO DO VERÁN NA DEMOGRAFÍA

O IGE destaca que durante o primeiro, segundo e cuarto trimestre de 2017, a maioría dos concellos tiveron un saldo poblacional negativo, máis de 230, o que supón que sae máis poboación deles da que chega. Con todo, no terceiro trimestre a situación invírtese, e o saldo poblacional é positivo en máis de 250 municipios.

Así, no cuarto trimestre do ano só en Burela (101,49%), Foz (102,56%), Cervo (105,33%), Barreiros (104%), Ribadeo (104,13%) e Trabada (101,22%), a taxa de carga poboacional sube do 100%. Nos outros dez municipios mariñaos, a poboación cae.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...