IniciosociedadeO Sergas pecha a porta a que A Pontenova recupere o médico

O Sergas pecha a porta a que A Pontenova recupere o médico

Nunha xuntanza cos veciños, o xerente da EOXI, Ramón Ares, asegurou que o municipio ten un ratio de "1.000 cartillas por facultativo" e negou a posibilidade de cubrir a praza

Publicada o

- Advertisement -

O xerente da Estrutura Organizativa da Xestión Integrada (EOXI) de Lugo, Cervo e Monforte, Ramón Ares, pechou a porta a que A Pontenova poda recuperar o médico de familia que perdeu logo da xubilación de Ramón Castro, facultativo no centro de saúde.

O representante do Servizo Galego de Saúde (Sergas) acudiu á xuntanza convocada polo Concello para abordar esta situación, celebrada na noite do mércores na casa da cultura. Tamén asistiu Rafael Sánchez, director de Atención Primaria

Ares asegurou que malia a perda dunha praza, A Pontenova está dentro dos ratios de poboación por médico que manexa a Xunta de Galicia.

Segundo afirmou, o municipio, que conta con dous galenos, ten “unhas mil cartillas por facultativo”, polo que o Sergas non se plantexa dar marcha atrás á súa decisión de non compensar a xubilación, que se produciu hai dous meses.

“SEN SERVIZOS NON HAI XENTE”

O alcalde da Pontenova, Darío Campos, mostrouse en desacordo coa decisión, porque “se no rural non hai servizos, non quedarán persoas”, asegurou.

Os asistentes espuxéronlle a Ares que os ratios estipulados pola Xunta non son efectivos en zonas de poboación dispersa, como é o concello, con ata 62 núcleos poboacionais. Nalgúns casos, os médicos teñen que desprazarse ata 20 quilómetros para atender aos doentes a domicilio.

Ares replicou que os baremos xenéricos en todo o Estado “son de 1.500 pacientes por facultativo”.

os veciños resaltaron que cando a poboación está dispersa, os ratios estipulados non serven

O xerente da EOXI asegurou que o Sergas ten a intención de, pasado o verán, implementar na Pontenova -así como noutros concellos que perdan médicos por xubilacións ou baixas- un protocolo de atención a enfermos crónicos que xa se aplica en Baleira e que axudaría a axilizar a atención médica. 

Sen embargo, Ares non precisou unha data concreta de apertura nin o persoal do que dotará ao servizo.

VACANTE DUN PSX

Os veciños reclamaron tamén que se cubrise unha vacante de Persoal de Servizos Xerais (PSX), pois o traballador está ausente debido á comisión de servizos.

Os pontenoveses aseguraron que a súa falta disuade a algunhas persoas maiores de solicitar atención médica, xa que teñen dificultades para manexarse coa centralita do servizo e así pedir cita.

Neste senso, Ares resaltou que o Sergas revisará a carga de traballo da persoa empregada e que tomará unha decisión en función dese volume.

PAC DE MEIRA

Outra das demandas dos veciños foi relativa ao Punto de Atención Continua (PAC) de Meira.

Os asistentes pediron que se reforce o servizo, especialmente no tocante á enfermería, pois só hai un ATS para atender as urxencias, curas e atencións a domicilio nas fins de semana.

SEN MOBILIZACIÓNS Á VISTA

Polo de agora, o Concello da Pontenova non convocará protestas pola medida do Sergas. “Os veciños veno imposible. Veremos que facer máis adiante”, expón o edil Francisco Martínez

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...