IniciosociedadeLandrove presumirá de aldea na quinta edición da Festa Labrega, o 11...

Landrove presumirá de aldea na quinta edición da Festa Labrega, o 11 e 12 de outubro

A organización Pequenos Pasos organiza o programa festivo, no que destacan un ano máis as Olimpíadas Rurais

Publicada o

- Advertisement -

Landrove celebrará os días 11 e 12 de outubro o orgullo de ser de aldea na quinta edición da Festa Labrega, presentada este venres no consistorio de Viveiro.

O presidente do colectivo Pequenos PasosÁlvaro Otero, e varias integrantes da asociación, ademais da alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, participaron na presentación dunha programación entre a que destacan as cuartas Olimpíadas Rurais. A cita comezará ás 16.00 horas do sábado, aínda que o venres pola noite, ás 21.30 horas, acenderase a chama olímpica.

As habituais probas como o tiro de caiado ou de galleta farán as delicias dos visitantes e mostrarán a pericia dos atletas na festividade do Pilar.

Cartel da festa. AXM

O venres, a actuación de Os do 21 animará unha noite na que haberá bolos preñados. Xa o sábado, Areal abrirá a xornada festiva coa sesión vermú, que pechará a cea labrega e a verbena con Verónica Cambón. Ao remate, entregaranse os premios das Olimpíadas.

INSCRICIÓNS

As inscricións para as probas das Olimpíadas Rurais poden realizarse no número 636.01.41.53, o mesmo que para reservar praza na cea.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...