IniciosociedadeO treito Foz-Barreiros da A-74 supera a exposición pública

O treito Foz-Barreiros da A-74 supera a exposición pública

O documento contempla tres enlaces, o da Espiñeira, o do Carme e o de Foz, e insta a estudar a construción dunha nova glorieta para conectar este último coa N-642

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou este mércores que o trazado do treito Foz-Barreiros da Autovía da Mariña (A-74) vén de superar o trámite de información pública. O Boletín Oficial do Estado dá conta da resolución do Ministerio de Fomento, que aprobou o expediente.

Rodríguez lembrou que o presuposto de licitación estimado das obras é de 241 millóns de euros. O trazado deste treito da Autovía da Mariña comeza no termo municipal de Foz e remata na conexión coa Autovía do Cantábrico (A-8), en Barreiros.

Trátase dunha actuación cunha lonxitude de 11,1 quilómetros para un treito no que se deseñaron tres enlaces: o de Foz, que dá acceso ao núcleo urbano; o do Carme, que conecta coa estrada LU-152, e o da Espiñeira, situado ao final do treito, que permite a conexión coa A-8).

CONEXIÓNS DO CARME E A ESPIÑEIRA

Entre as prescricións máis destacadas, nos enlaces do Carme e A Espiñeira, o expediente aprobado require ter en conta a normativa autonómica para reducir as afeccións ás estradas LU-152 e LU-150, e evitar a afección á vivenda situada xunto ao enlace do Carme, unha das peticións nas alegacións presentadas tanto polo goberno local popular como polo PSdeG-PSOE no pasado mes de febreiro.

No enlace da Espiñeira, deberase acadar a aprobación de Augas de Galicia do proxecto de encauzamento situado xunto á conexión.

ENLACE DE FOZ

Tamén se insta a corrixir e completar o anexo de expropiacións coa relación de interesados e bens e dereitos afectados, así como ter en conta as conclusións da consulta realizada á avogacía do Estado respecto da calificación do solo ocupado pola conexión do enlace de Foz coa N-642.

Con respecto a este último, Fomento establece que, na redacción do proxecto de construción deberase estudar a comenencia de conectar o enlace de Foz coa actual N-642 mediante unha glorieta de nova construción, afastando a conexión do parque empresarial de Fazouro, outra das peticións formuladas polo anterior executivo municipal e os socialistas.

No dito estudo deberase analizar como unha alternativa posible a opción de demoler a glorieta existente, concentrando todos os movementos actuais e os procedentes do enlace de Foz nunha única rotonda de nova construción.

IMPACTO PAISAXÍSTICO

Oito asociacións de San Martiño rexeitaran o trazado proposto, entre outros motivos, pola cercanía á basílica -a uns 200 metros-, Ben de Interese Cutural (BIC).

No tocante ao impacto paisaxístico da actuación, consideraranse criterios como a redución das pendentes dos taludes, o deseño de pontes e estruturas nas que prime a singularidade formal; nos muros de máis de tres metros visibles desde unha área de especial interese pola paisaxe ou mirador, así como nos que xeran unha conca visual ampla, estudarase a disposición de muros verdes, pantallas vexetais ou solucións semellantes.

Tamén se valorará empregar especies vetexais arbustivas ou arbóreas autóctonas; proceder á revexetación dos elementos viarios; deseñar os espazos de dominio público co fin de favorecer a continuidade paisaxística e territorial; buscar a integración cromática e adoptar as medidas para a integración a nivel da pasaixe dos edificios asociados.

FONTES CARRÁS E VIGOXE

A comprobación de que non se vexan afectadas as canalizacións de auga procedentes dos mananciais Carrás e Vigoxe e a análise da Xunta de Galicia das posibles afeccións ás paradas de transporte público son outras das cuestións a afrontar segundo o expediente.

Tamén se deberán ter en conta os criterios técnicos propostos pola empresa Viesgo Distribución Eléctrica S. L. – Begasa durante o proxecto de reposición das liñas eléctricas que son da súa titularidade.

TREITO BURELA-FOZ

Para a construción da Autovía da Mariña, ademais de superar o trámite de información pública do treito Foz-Barreiros, Fomento ten en redacción o proxecto de trazado do treito Burela-Foz. Neste caso, trátase dun treito de 9,1 quilómetros de lonxitude. O orzamento previsto para esa actuación é de 92,6 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...