IniciosociedadeA Feria de Antigüedades de Vegadeo abrirá con récord de expositores

A Feria de Antigüedades de Vegadeo abrirá con récord de expositores

Vinte e catro anticuarios expoñerán as súas reliquias no pavillón do recinto feiral do 27 ao 29 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

A Feria de Antigüedades e Coleccionismo de Vegadeo prepara a edición con máis expositores desde que se puxo en marcha. A cita, que se celebrará do 27 ao 29 de xullo, reunirá  vinte e catro anticuarios  –nove máis que o ano pasado- na súa sétima edición. “Son todos os espazos que tiñamos para vender, polo que encheremos o pavillón do recinto feiral”, explica o promotor, Manuel Piñeiro.

Os visitantes atoparán unha ampla variedade de obxectos  á venda, desde mobiliario, iluminación, pezas decorativas ou menaxe ata libros, discos, cadros ou instrumentos musicais, entre outros. Á mostra, acuden vendedores de Galicia e Asturias pero tamén de Castela León, Andalucía, e mesmo un expositor francés que “estivo en todas as edicións”.

Vegadeo converteuse en parada obrigada no “tour” estival dos anticuarios polo noroeste peninsular. “Cando comezamos apenas se celebraban feiras no verán, fomos dos primeiros en apostar por organizar este tipo de eventos en lugares con proxección turística, e desde aquela foron aparecendo outras”, explica Piñeiro que conta coa colaboración do concello na organización do evento.

Despois da primeira edición da mostra veigueña –que aproveita a posición central da localidade entre a Mariña de Lugo e o Occidente asturiano-,  sumáronse ao circuíto Arriondas, Noja ou Santander.

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

“Tanto a feira de Vegadeo como a de Burela son das que mellor funcionan comercialmente. Non son as máis grandes, nin as de maior renome,  pero os vendedores atopan oportunidades de negocio porque temos unha boa ratio de asistentes por expositor”, comenta Piñeiro.

Na pasada edición, pasaron pola feira máis de 2.500 persoas, unha boa parte delas de Vegadeo e dos concellos da contorna. O prezo da entrada ao recinto feiral mantense un ano máis en 2,50 euros.

MERCADO MEDIEVAL EN PIANTÓN

A Feira de Antigüedades e Coleccionismo non será o único reclamo para achegarse a Vegadeo a  última fin de semana de xullo. O sábado e o domingo celebrarase tamén o Mercado Medieval Honor del Suarón, en Piantón.  Ademais dos postos de artesanía e alimentación e das actividades de animación na rúa -engalanadas para a ocasión-, organizaranse un Encontro Ecuestre e un Torneo de Cabaleiros.  As mellores caracterizacións terán premio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...