InicioM.ambiente e PatrimonioO Museo do Mar, froito de 50 anos de "xenerosidade"

O Museo do Mar, froito de 50 anos de “xenerosidade”

A pinacoteca máis antiga de iniciativa pública na materia cumpriu cinco décadas cunha homenaxe ao traballo das mulleres e a todos aqueles que achegaron pezas para a colección

Publicada o

- Advertisement -

O Museo Provincial do Mar, o máis antigo de iniciativa pública nesta materia, celebrou este venres o seu 50 aniversario cun acto de homenaxe no que se puxo en valor a achega das mulleres na conformación do patrimonio que garda o museo coa descuberta dunha placa homenaxe, obra da artista Violeta Bernardo, co epígrafe ‘A voz das silenciadas‘.

A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, recolleu un arquivo cedido ao museo polos investigadores Chema Leal e Xosé Ramón Fernández Pacios, que recompila arredor de 3.000 documentos localizados en distintos arquivos galegos, españois e internacionais referidos ao papel das mulleres na vida ecónomica, social e cultural da Mariña Lucense entre 1650 e 1900.

O material, dixitalizado, servirá así como fonte documental para a investigación da historia da comarca con perspectiva de xénero. “Quen queira indagar como vivían as mulleres da comarca nese período histórico poderá recorrer a este arquivo que inclúe expedientes moi diversos: desde contratos matrimoniais ou denuncias por fillos non recoñecidos ata escritos que documentan as prohicións e normas que se impuñan ás mulleres para descargar sardiña meténdose no mar ou para ir segar a Castela”, detallou o investigador Chema Leal.

RIVERA: “RECOLLIAMOS CUNCHAS, OS PRIMEIROS FONDOS”

A xornada reuniu a antigos alumnos da escola unitaria que o 11 de outubro de 1969 comezou a funcionar tamén como museo, por iniciativa do mestre Francisco Rivera Casas. “O xerme foi unha iniciativa pedagóxica. Para achegarnos á cultura do entorno recolliamos cunchas, algas e outros obxectos relacionados coa vida mariñeira. Eses foron os primeiros fondos do museo”, relatou o xornalista Javier Rivera, un dos estudantes e neto do fundador.

ANIVERSARIO REPLETO DE ACTIVIDADES

Ante un público entre o que estaba o alumnado do CEIP de Cervo, Ferreiro concluíu que “é obrigado coidar o patrimonio que atesoura o museo para legalo ás xeracións futuras como o recibimos” e agradeceu o traballo do persoal da Rede Museística Provincial. Ademais, lembrou que “a celebración do aniversario non remata con este acto senón que continúa cun programa de actividades que se estenderá nos vindeiros meses e que incorporará diferentes voces do tecido cultural e social da comarca”.

VILLARES: “É PATRIMONIO DE TODOS”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo felicitar neste día “a todas esas persoas que contribuíron durante estes 50 anos a engrandecer o Museo do Mar de San Cibrao, que é patrimonio de todos”.

Villares precisou que desde o Concello “estamos a dar os pasos precisos para lograr a súa ampliación, “co obxectivo de mellorar, aínda máis, a calidade e a funcionalidade desta dotación cultural única”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...