A Feira do Mel do Valadouro diversifica a súa oferta na 32 edición

Un total de 57 postos, 19 deles coa súa colleita meleira, animaron unha cita que congregou a numeroso público

Feira do Mel do Valadouro. AXM

A Feira do Mel do Valadouro pechou unha exitosa 32 edición na que bateu o récord de postos, cun total de 57 -38 máis ca no 2018-, dos que 19 presentaron distintos típicos do “ouro líquido”, once deles locais. Outros expositores viñeron da Fonsagrada, Ourense, Asturias e outras zonas da Mariña Lucense.

A colleita meleira de 2019 foi significativamente mellor cá de 2018, ao non haber tantas dificultades coa floración como no pasado exercicio.

Os asistentes poideron tamén mercar en postos de maza ecolóxica, castañas, cogomelos ou artesanía, que constituíron un auténtico Mercado do Outono.

Un showcooking de receitas con mel e outros produtos do outono, degustacións de freixós e castañas e un tapeo polos establecementos de hostalería do municipio enriqueceron a exaltación gastronómica, que ademais ofreceu música na rúa e actividades para nenos.

Charla sobre o mel para o alumnado do colexio. AXM

OS NENOS COÑECERON OS SEGREDOS DO “OURO LÍQUIDO”

Entre elas, unha conferencia a cargo dunha técnica do Consello Regulador Mel de Galicia, que explicou a 150 escolares do Ceip Santa María os segredos do produto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here