IniciosociedadeEspírito olímpico e orgullo rural na Festa Labrega de Landrove

Espírito olímpico e orgullo rural na Festa Labrega de Landrove

A quinta edición do evento, organizado por Pequenos Pasos, foi un éxito de público

Publicada o

- Advertisement -

A Festa Labrega de Landrove cumpriu esta fin de semana a súa quinta edición cun éxito de público. A asociación Pequenos Pasos desta parroquia do concello de Viveiro organiza cada ano esta cita, que pretende con humor reivindicar o orgullo de ser de aldea.

As habituais Olimpíadas Rurais, con probas tradicionais e populares como a carreira de carretillas, divertiron a participantes e asistentes. Os atletas participaron na noite do venres no acendido da chama olímpica.

CEA MULTITUDINARIA

Xa o sábado, despois das probas destes singulares Xogos Olímpicos, todos repuxeron forzas cunha saborsa cea labrega que congregou a numerosos comensais. Areal e Verónica Cambón puxeron ritmo á noite.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...