IniciosociedadeA Pomba do Arco celebra os seus 30 anos cun recoñecemento a...

A Pomba do Arco celebra os seus 30 anos cun recoñecemento a Xoán Carlos González Basanta

Touporroutou teatro recreará o 26 de outubro unha peza baseada en escritos do que fora presidente do colectivo durante case 18 anos

Publicada o

- Advertisement -

A asociación cultural A Pomba do Arco, conmemora o vindeiro sábado 26 de outubro, o seu 30 aniversario, cunha serie de actos entre os que destaca unha homenaxe ao falecido Xoán Carlos González Basanta, “membro do grupo fundador do colectivo”, presidente do mesmo durante case 18 anos e “persoa fundamental na cultura focega”.

O programa desenvolverase no salón de actos do colexio Martínez Otero e no restaurante O Racimo. Segundo sinalan desde a entidade, “o noso obxectivo con estas actividades é recoñecer e homenaxear a toda a veciñanza de Foz, que coa súa colaboración, de diversos xeitos, fixo posible manter viva a asociación durante estas tres décadas”.

A Pomba do Arco “non se explica sen a contribución de González Basanta. O nome da entidade, as súas primeiras actividades ligadas á defensa e a normalización do idioma, a posta en marcha das liñas estratéxicas de traballo que continúan até a actualidade ou o seu labor perseverante nos momentos que a propia existencia do colectivo corría perigo levan a súa pegada”, aseguran desde o colectivo.

Os practicamente dezaoito anos nos que permaneceu á fronte do colectivo correspóndense “cos da posta en marcha dos grandes eixos de actuación, do lanzamento das actividades actualmente máis consolidadas e da consolidación organizativa da asociación”, recoñece A Pomba do Arco.

ESPECTÁCULO DE TEATRO E MÚSICA

Os actos da homenaxe a González Basanta arrancarán no salón de actos do colexio Martínez Otero, ás 20.00 horas, coa posta en escena dun espectáculo teatral e musical a cargo do grupo teatral Touporroutou teatro e do músico e director da escola de música de Foz, Felipe Sánchez.

A montaxe, preparada en exclusiva para esta acto, onde será representada por única vez, está baseada nunha serie de textos literarios elaborados polo homenaxeado, os máis deles a día de hoxe inéditos.

CEA

A xornada rematará cunha cea a celebrar o sábado 26 de outubro, a partir das 22.00 horas, no Restaurante Racimo de Foz, cun menú de entrantes, arroz negro con chipiróns e gambas, tenreira asada e postre e unha actuación do grupo musical Vudú, Premio Martín Códax de Música de 2017.

INSCRICIÓNS

Aquelas persoas interesadas en acudir a cea e o concerto deberán retirar a súa tarxeta, antes do 23 de outubro, no restaurante Barrilete, na ferraxaría Fuente ou na cafetaría Mayros, ou poñerse en contacto coa organización no teléfono 608.55.50.10.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...