IniciosociedadeO vento supera os 130 qm/h en Viveiro e os 106 en...

O vento supera os 130 qm/h en Viveiro e os 106 en Burela

Dous dos tres refachos de aire máis potentes dos rexistrados esta madrugada corresponderon a estacións da Mariña Lucense

Publicada o

- Advertisement -

O vento superou os 130 quilómetros por hora na madrugada deste mércores no municipio de Viveiro nunha xornada na que hai avisos por ventos fortes na Mariña Lucense e por acumulación de choivas nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra.

Segundo os rexistros publicados por Meteogalicia ata as 10,00 horas, os refachos máximos de vento corresponderon a localidades con altitude menor de 900 metros como Viveiro, con 130,6 quilómetros por hora; 114,7 en Cedeira (A Coruña), Burela, 106,4; e Cuntis (Pontevedra), con 96,8 qm/h.

En canto a localidades con altitude maior a 900 metros, o vento non superou os 100 quilómetros por hora, con refachos de 93,5 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras (Ourense) e 76 qm/h en Manzaneda.

Avisos activos en Galicia durante o día. AXM

PRECIPITACIÓNS

Pola súa banda, as choivas, que teñen activado o aviso amarelo por acumulación de precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrado en doce horas, deixaron ata as 10.00 horas deste mércores 50,4 litros por metro cadrado en Zas (A Coruña).

Mentres, as choivas acumularon 49,4 litros por metro cadrado en Santa Comba, 42,8 litros no concello coruñés de Vimianzo, 34,8 en Val do Dubra e 34,7 litros por metro cadrado en Lousame, todas elas localidades da provincia coruñesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...