Coñece o programa do Mercado Medieval de Alfoz, que cumpre 20 anos

O xornalista e escritor Miqui Otero, con raíces alfocenses, será o pregoeiro da vixésima edición

Escena no mercado medieval alfocense. YOUTUBE

O Mercado Medieval de Alfoz cumprirá dúas décadas a vindeira fin de semana, cun programa co que os asistentes poderán volver un por uns días ao século XV.

VENRES 20

Os festexos comezarán o venres, ás 21.30 horas, coa baixada do Mariscal Pardo de Cela desde a fortaleza da Frouseira ata o Castelo de Castrodouro. Acto continuación comezará o desfile de traxes medievais, ao que seguirán danzas da época. Á medianoite haberá queimada e esconxuro.

Programa completo do evento. AXM

SÁBADO 21

A xornada do sábado arrincará cedo cunha ruta de sendeirismo desde a Frouseira ata o Castrodouro. Esa mesma mañá haberá exhibición de cetrería, antes do pregón, a cargo de Miqui Otero, novelista e xornalista catalán con orixes alfocenses. Acto seguido, recoñecerase aos escudeiros do castro deste ano.

Miqui Otero. EP

Pola tarde, a organización dispuxo os xogos valecos e unha exhibición de tiro con arco. A revolta irmandiña infantil comezará ás 18.30 horas, e ás 19.30 iniciarase a busca do segredo do mariscal. Un teatro de monicreces será o aperitivo da cea medieval, prevista para as 21.30 horas. Os interesados en participar poden recoller os seus tiquets na fortaleza, cun prezo de doce euros por persoa. Ao remate do convite haberá queimada e baile.

ACTIVIDADES PARA NENOS

O programa inclúe actividades para asistentes de todas as idades. Haberá mostras de oficios tradicionais e os nenos e nenas poderán participar en obradoiros nos que aprenderán a construír armas, cestas ou a cocer o seu propio pan.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here