A FCAM quere enviar “80.000 cartas” ao presidente do Goberno coas que reclamarlle solucións para Alcoa

Os comerciantes mandarán 5.000 misivas ao Executivo en funcións, unha por cada posto de traballo que xera o colectivo, e animan aos mariñaos a secundar a campaña

Presentación da campaña da FCAM. AXM

A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) enviará 5.000 cartas ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, de socios e empregados do colectivo amosando o seu apoio a Alcoa e solicitándolle ao responsable do Executivo central que tome “as decisións oportunas” para que a planta de San Cibrao poida “competir en igualdade de condicións” que o resto do sector do aluminio en toda Europa.

A FCAM, a través de cada unha das oito Acias que a conforman –FozRibadeoBurelaViveiroCovasXoveO Vicedo e Lourenzá– poñerá a disposición dos clientes e da veciñanza destes municipios cartas para remitir á presidencia do Goberno. “Só terán que poñer o selo e o remite, si así o desexan, para así personalizalas para envialas. O obxectivo é chegar ás 80.000”, explicou José Carlos Paleo, o presidente do colectivo.

Na carta dirixida a Pedro Sánchez a FCAM explícalle que aglutina a cerca de 1.000 negocios e autónomos e 5.000 empregos directos das oito asociacións de comerciantes do norte lucense que a forman.

A Federación de Comercio A Mariña amósalle ao Goberno en funcións “a nosa preocupación pola incerteza que pesa sobre a planta de Alcoa ten en San Cibrao, que xera 1.100 postos de traballo directos e outros 700 indirectos. É a empresa máis importante que ten a provincia de Lugo, e o peche sería unha catástrofe para a comarca da Mariña Lucense e os seus máis de 80.000 habitantes”, indica.

CONVIDAN A SÁNCHEZ A VISITAR A BISBARRA

Paleo subliñou que “o futuro de Alcoa depende dunha decisión económica. Consideramos, e así o expoñemos neste documento, que é mellor investir en mantemento competitivo que en paliar a destrución de emprego”.

O documento remata convidando a Pedro Sánchez a visitar a bisbarra. No acto de presentación da campaña, que tivo lugar este mediodía en Foz, estiveron xunto a Paleo os presidentes das Asociacións de Comerciantes de Ribadeo, Burela e Xove e a xerente do CCH de Viveiro.

“PREOCUPACIÓN” POR ENDESA AS PONTES

A FCAM amosa tamén o seu apoio e preocupación con todo o que está a acontecer con Endesa, de As Pontes, a súa comarca e a Terra Chá, “moi vinculada e cunha relación directa coa Mariña”. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here