IniciosociedadeA Mariña é unha das zonas de Galicia máis illadas por transporte

A Mariña é unha das zonas de Galicia máis illadas por transporte

Un estudo que mide o grao de cohesión territorial sinala a Costa de Lugo entre as comarcas máis illadas, con opcións "máis pobres" de accesibilidade por medios públicos e privados

Publicada o

- Advertisement -

Investigadores das universidades de Zúric, Massachusetts e Santiago de Compostela presentaron os resultados dun estudo no que mediron o grao de cohesión territorial en Galicia en función da accesibilidade real aos núcleos de poboación mediante transporte público e privado. A investigación conclúe que A Mariña Lucense é unha das zonas máis illadas da comunidade, xunto a o interior da provincia de Lugo, o sureste de Ourense e A Costa da Morte.

Os especialistas mediron a accesibilidade entre unha serie de nodos para medios de transporte privado (coche) e público (tren/autobús). Así, consideráronse tres escenarios posibles: un relacionado co transporte en turismo propio e outros dous co desprazamento por medios públicos, aplicando os tempos de espera no caso de que haxa transbordos e non considerando estes tempos de espera; así, medíronse non só os tempos reais e senón tamén os tempos efectivos de viaxe. Ademais, estes tempos calculáronse para tres horarios distintos: 8.00, 16.00 e 24.00 horas.

Así, elaboraron mapas distorsionados nos que as distancias entre puntos expresan os tempos de viaxe e non as distancias reais entre eles. Estes documentos mostran desequilibrios que afectan particularmente a áreas interiores da provincia de Lugo, do sureste de Ourense e da costa norte e noroeste da Coruña, onde o nivel de accesibilidade é menor que no resto do territorio galego.

DECISIÓN POLÍTICA

Os resultados, explica José Balsa Barreiro, evidencian a existencia de “diferenzas moi sensibles por horas”, poidéndose “estimar uns patróns moi claros”, a saber: “as comunicacións do Eixo Atlántico e do eixo que une Santiago con Ourense (e Madrid) presentan niveis de accesibilidade moi superiores. As autoridades gobernamentais priorizaron as conexións radiais coa capital de España”, expón o investigador, que alerta de que “a infraestrutura ferroviaria en determinadas zonas aínda non existe ou está obsoleta, como por exemplo o ferrocarril de vía estreita, chamado FEVE, que corre ao longo do Corredor Norte”.

DESENVOLVEMENTO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

“A relación entre a accesibilidade territorial e o desenvolvemento económico dentro dunha rexión non é un asunto trivial”, conclúese no estudo, no que se alerta de que o cumprimento ou incumprimento da Constitución -no que se refire a garantir a igualdade de oportunidades– “pode ser medido mediante a accesibilidade física”.

Podes ler a reportaxe completa de Alberto Quián no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...