O ciclo de charlas médicas de Foz abordará as etapas da vida: nenez, adolescencia, madurez e vellez

O Concello, en colaboración con Maas Saude, organiza unha nova edición dos relatorios, que se celebrarán todos os xoves de novembro

As charlas abordarán as diferentes etapas da vida. EFE

A casa da cultura de Foz acollerá os catro xoves de novembro, desde 20.30 horas, unha nova edición do ciclo de charlas médicas organizado polo Concello en colaboración coa clínica Maas Saúde.

A concelleira de sanidade, Verónica Peña, explica que “quixemos que os relatorios abarcaran todas as idades, desde a nenez ata a vellez. Por iso cada xoves vai ir un especialista en cada idade: un pediatra, para a adolescencia ven unha psicóloga, para a madurez vén un xinecólogo e para a terceira idade temos un xeriatra, pois aínda que no Hospital Público da Mariña non o hai consideramos que é un especialista importante para os problemas que son comúns a todos os maiores”.

A edil de sanidade de Foz, Verónica, Peña, e o alcalde, Fran Cajoto. AXM

A PRIMEIRA, O DÍA 7

Así, o día 7 o pediatra Assad Abadi Abadi falará sobre a nenez; o día 14 a charla versará sobre a mocidade e correra a cargo da psicóloga Ana Abad López; o día 21 o xinecólogo Cristóbal Rodríguez Garfia tratará sobre a madurez e o ciclo rematará o día 28 cunha charla do xeriatra Laureano Alberto Negrón Blanco, do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), sobre a vellez.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here