IniciosociedadeXove destinará 43.000 euros a bolsas e axudas ao estudo

Xove destinará 43.000 euros a bolsas e axudas ao estudo

O Concello abre o prazo de solicitude das achegas para aloxamento, material e pago das taxas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove abriu o prazo para solicitar bolsas e axudas ao estudo de cara ao curso 2019-2020. As subvencións teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados do aloxamento, material e pago das taxas ou prezos de quen se atope realizando estudos. A contía destinada ás presentes axudas é de 43.000 euros.

As bases reguladoras da concesión das subvencións contemplan varias modalidades. As bolsas e axudas ao estudo universitario terán unha dotación de 1.200 euros cada unha, cunha contía mínima de 100 euros.

No tocante ás subvencións para estudantes de ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, estarán dotadas de 600 euros cada unha, cunha contía mínima de 100.

As axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación serán de 750 euros cada unha.

Nas axudas para compra de material escolar hai varias modalidades: preescolar (65 euros), primaria e ESO (60); Bacharelato (125) e ciclos formativos (125).

Os estudantes de doutoramento poderán acceder a unha achega de 1.200 euros; os másters universitarios, a 500 euros.

ATA O 18 DE NOVEMBRO

Ata o 18 de novembro está aberto o prazo para solicitar as bolsas. Para formalizar as solicitudes, pódese facer presencialmente no departamento de servizos sociais do Concello de Xove ou ben a través da sede electrónica. Máis información na web municipal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...