Viveiro estrea unha APP turística gratuíta

A ferramenta dixital ofrece información sobre patrimonio, festas, praias ou locais de hostalería

Praia de Portonovo. TURISMO VIVEIRO

O Concello de Viveiro presentou este xoves unha aplicación para móbiles que exercerá de guía turística do municipio. É unha ferramenta de balde e pódese descargar para teléfonos Android e, segundo anunciou o goberno local, tamén estará lista en breve para dispositivos Apple.

A aplicación ofrece información sobre lugares de interese do concello, como praias e monumentos do patrimonio natural ou cultural, e tamén sobre lugares de hospedaxe e gastronomía. “Os usuarios poderán coñecer os pratos típicos de cada restaurante”, precisa a alcaldesa, a socialista María Loureiro, que presentou a ferramenta dixital xunto ao edil de mar, Jesús Fernández, e a concelleira de turismo, Sol Rey.

BLOC PARA SUXERENCIAS E CONSULTAS

Asimesmo, a guía dixital do municipio inclúe a oferta de festas -coa Semana Santa ou a rapa de Candaoso, entre outras-, artesanía ou turismo activo do municipio e un directorio telefónico, ademais dun bloc de notas para que os usuarios podan facer consultas e suxerencias. Tamén dispón dun código QR para navegadores GPS.

TRES IDIOMAS

Loureiro resalta que a aplicación preséntase en tres idiomas, “galego, castelán e inglés, e será actualizada constantemente. Seguiremos editando dípticos e planos turísticos do municipio, pero esta ferramenta ten moita funcionalidade. Con ela afondamos na aposta polas novas tecnoloxías que iniciamos coa web da marca ViveViveiro, que tivo arredor de 40.000 visitas este ano”, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here