IniciosociedadeA Mariña, en alerta laranxa este sábado por temporal costeiro

A Mariña, en alerta laranxa este sábado por temporal costeiro

Os ventos serán de compoñente sur de forza 8 ou 9 e agárdase mar combinado do noroeste con ondas de entre cinco ou sete metros

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense estará en alerta laranxa na xornada do sábado debido a un temporal costeiro. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o episodio adverso empezará sobre as 18.00 horas no noroeste coruñés e na costa de Lugo e na madrugada de sábado a domingo estenderase até o oeste da Coruña.

Os ventos serán de compoñente sur de forza 8 ou 9 e espérase mar combinado do noroeste con ondas de entre cinco ou sete metros, segundo a zona.

RECOMENDACIÓNS

A Dirección Xeral de Emerxencias recomenda non achegarse ás zonas costeiras, sobre todo diques, para evitar eventuais golpes de mar que poidan arrastrar ás persoas, ademais de extremar a precaución pola posible caída de obxectos desde balcóns ou xanelas, entre outros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...