IniciosociedadeAdxudicado o centro da Seguridade Social de Viveiro en 844.000 euros

Adxudicado o centro da Seguridade Social de Viveiro en 844.000 euros

A empresa de Foz Construcciones Naray ocuparase da obra, cun prazo de dez meses

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou este martes que o ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social vén de adxudicar a construcción do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social de Viveiro.

Rodríguez indicou que as obras, que contan con un prazo de execución de dez meses, foron adxudicadas por un importe de 844.000 euros á empresa de Foz Construcciones Jesús Naray, tal como publica a Plataforma de Contratación do Estado.

O novo Centro da Seguridade Social de Viveiro construirase nunha parcela propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social, situada na avenida de Ramón Canosa, número 6, a carón do edificio de Correos e fronte á zona portuaria. Trátase dun solar dotacional do Plan Parcial Lodeiro-Lavandeiras que ten unha superficie de 1.490 m2.

O proxecto prevé a construción dun edificio exento, acristalado e diáfano na zona administrativa, con unha pastilla opaca na parte traseira, na que se ubican os locais técnicos e de servizo. Na parte posterior crearase unha zona de aparcadoiro con capacidade para once automóbiles, unha praza reservada para discapacitados e área para o estacionamento de motocicletas e bicicletas.

O edificio será rectangular, de aproximadamente 33 por 14 metros, e con unha única planta. A superficie construída será de 404 m2 e a útil de 368m2, dos que 294 destinaranse a área administrativa, que incluirá zona de atención aos cidadáns e de espera, zona de autoxestión informática a disposición dos cidadáns, vestíbulo ou sala de reunión. Os 74 m2 restantes resérvanse para aseos, arquivo, almacén e área técnica.

ATENDE A 12.000 PERSOAS AO ANO

A construción da nova sede da Seguridade Social, que dá servizo á Mariña Oriental e atende anualmente a 12.000 cidadáns, permitirá liberar espazos que poderán ser utilizados polo Instituto Social da Mariña de Celeiro e polos servizos sociais da Xunta de Galicia. O prazo de execución das obras é de dez meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...