IniciosociedadeO vento alcanza os 100 qm/h en Viveiro e O Valadouro rexistra...

O vento alcanza os 100 qm/h en Viveiro e O Valadouro rexistra a cuarta temperatura máis alta do día

O temporal costeiro impediu a Salvamento Marítimo remolcar o pesqueiro Divina do Mar, que embarrancou resultando un falecido

Publicada o

- Advertisement -

Ventos de máis de 100 quilómetros por hora no litoral da Coruña e na Mariña Lucense azoutaron con forza as provincias coruñesa e lucense, nas que non cesou a choiva en toda a xornada, do mesmo xeito que en Pontevedra, onde as precipitacións alcanzaron os 60 litros por metro cadrado, segundo informa Meteogalicia.

As zonas nas que as rachas de vento foron máis intensas son Punta Candieira, en Cedeira (A Coruña) e Penedo do Galo (Viveiro), con 100,5 quilómetros por hora (qm/h) e 100,1 qm/h, mentres que a provincia de Pontevedra foi con todo a que rexistrou maiores precipitacións, sobre todo en Castrove, en Poio (Pontevedra) e en Rebordelo, en Cotobade.

No tocante ás temperaturas, a estación de Santa Cruz, no Valadouro, rexistrou a cuarta máxima máis alta da xornada en Galicia, con 16,1º.

INUNDACIÓNS E CORTES DE TRÁFICO

No entanto, as inclemencias meteorolóxicas que manteñen á comunidade en alerta, entre elas a alerta laranxa por temporal costeiro na Mariña Lucense, non provocaron ningún incidente destacable, engaden fontes de Urxencias 112, que citan a sucesión dalgúns accidentes de tráfico consistentes en colisións por alcance pero como os que se rexistran calquera día.

En todo caso, as intensas precipitacións provocaron na tarde deste martes inundacións e cortes de tráfico en varios puntos da cidade de Ferrol, confirmaron a Efe fontes policiais, que pediron colaboración cidadá ante a abundancia de incidencias polo mal tempo.

UN FALECIDO NO MAR

Ademais, as condicións meteorolóxicas adversas na mar impediron a Salvamento Marítimo remolcar o pesqueiro Divina do Mar, que embarrancou a pasada madrugada en Porto do Son, onde perdeu a vida un dos seus tripulantes, logo de sufrir un problema no motor e ser arrastrado cara ás rochas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...