IniciosociedadeA Mariña estará o xoves en alerta vermella por temporal costeiro, con...

A Mariña estará o xoves en alerta vermella por temporal costeiro, con ondas superiores aos oito metros

A Xunta activará o aviso laranxa na madrugada e o de risco extremo desde o mediodía

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia emitiu este martes un comunicado no que, a partir do boletín da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), advirte dun fenómeno meteorolóxico adverso nas próximas horas de nivel vermello (risco extremo) na Mariña Lucense e no litoral da Coruña e Pontevedra.

O aviso laranxa activarase pola tarde no litoral coruñés e na noite do mércores na Mariña Lucense e Pontevedra, con vento do oeste ou noroeste de forza 7, arreciando a 8 ou 9, e mar combinado do noroeste con ondas de ata oito metros.

A COSTA DA MORTE, PRINCIPAL AFECTADA

A partir da mañá do xoves, 14 de novembro, o nivel da advertencia aumentará a vermello nas costas de toda Galicia, con mar combinada do noroeste de oito a nove metros, acadando na Costa da Morte os dez metros, e vento do oeste ou noroeste de forza 8 a 9.

O fenómeno costeiro coincide con mareas vivas e máximos de oleaxe próximos á preamar, polo que é posible que teña especial incidencia na Costa da Morte e nas Rías Baixas.

AVISO AMARELO POR VENTO

O interior da Mariña permanecerá en alerta amarela por vento desde a tarde deste mércores. Na Montaña de Lugo agárdanse o xoves ata 20 centímetros de neve, con advertencia laranxa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...