IniciosociedadeUn baixo da Xunta acollerá provisionalmente o Xulgado de Paz de Ribadeo

Un baixo da Xunta acollerá provisionalmente o Xulgado de Paz de Ribadeo

A Xunta acondicionará o local con 42.000 euros para albergar o servizo, cuxas instalacións están deterioriadas e que non se trasladará á antiga casa da Telefónica ata alomenos 2021

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia investirá 41.800 euros para acondicionar un local da súa propiedade situado na rúa Clemente Martínez Pasarón de Ribadeo ao que se trasladará temporalmente o Xulgado de Paz, cuxas instalacións se atopan en estado de deterioro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, o popular José Manuel Balseiro, visitou este xoves as instalacións acompañado polo alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, entre outros.

Balseiro explicou que o servizo se instalará nun baixo de 62 metros cadrados que pertence ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, e as obras serán financiadas pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Realizaranse traballos de albanelería, fontanería ou electricidade, entre outros, para habilitar un arquivo, aseo e dúas oficinas.

Balseiro apuntou que se trata dunhas “instalacións máis accesibles, céntricas e en óptimas condicións”, nas que prestar “un servizo de calidade” aos cidadáns, achegando unha solución provisional en tanto non se dispoña de sede definitiva.

A solución definitiva pasará polo traslado a un inmoble que está previsto que sexa no futuro de titularidade municipal -a coñecida como Casa da antiga Telefónica-, preto do emprazamento actual.

Suárez Barcia cualifica de “correcta” a solución transitoria achegada pola Xunta, ata que o Concello reciba de Paisajes de Asturias un local rehabilitado na praza de Abaixo, procedente da permuta realizada coa Torre dos Moreno, “que será dentro duns dous anos”, expuxo o rexedor.

O ARRANXO DO ACTUAL XULGADO, 180.000 EUROS

O alcalde explicou que “desde hai varios anos non puidemos chegar a un acordo coa Xunta para amañar dunha maneira digna o actual Xulgado de Paz. O presuposto son 180.000 euros e o Goberno autonómico non quixo máis que achegar unha cantidade moi pequena, de 24.000 euros, polo tanto o resto para o Concello era unha cifra moi elevada tendo en conta que son funcionarios da Xunta de Galicia os traballadores”.

Barcia admite que “a situación do Xulgados de Paz é moi mala”, polo que se aledou de que “dunha vez por todas, empecemos a construír cousas firmes e a facer cousas polo ben da veciñanza deste concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...