IniciosociedadeCervo reabre a vía que une Galdín e A Veiga, a fin...

Cervo reabre a vía que une Galdín e A Veiga, a fin de aliviar o tráfico en San Cibrao

O Concello agarda que a rúa, con dobre sentido de circulación e aparcadoiro, supoña unha alternativa de saída e entrada ao polígono de Cuíña

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abriu este venres a vía ubicada entre a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga de San Cibrao, que conecta o centro de saúde, a residencia, o pavillón ou o instituto Marqués de Sargadelos coa zona de Galdín

alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro,  entre outras autoridades, participaron na inauguración da rúa, que quedou aberta ao tráfico rodado e peonil este mediodía, e que ten unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favorecerá o dobre sentido da circulación. Tamén dispón dunha zona de aparcadoiro e de beirarrúas a ámbolos dous lados da calzada.

A vía, na actualidade, é máis ampla e permite o tráfico fluído, ao incluír o ensanche da ponte de pedra sobre a vía do FEVE, pois antes era imposible o cruce de vehículos neste punto.

Tamén se construíron dúas glorietas para favorecer as incorporacións desde outras dúas avenidas do pobo.

Ademais renováronse servizos urbanos como as redes de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais, as de telecomunicacións e colocouse novo alumeado.

INVESTIMENTO SUPERIOR AOS 600.000 EUROS

Villares agradeceu á Xunta “que poidésemos materializar este importante proxecto cun investimento superior aos 600.000 euros”.

Trátase dunha rúa –engadiu- “que aliviará moito o tráfico no centro da vila de San Cibrao e que mellorará tamén a seguridade dos viandantes que transitan a diario por esta zona; ao tempo que tamén pode ser unha solución provisional para os vehículos pesados do Polígono de Cuíña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...