PSOE e goberno de Cervo polemizan polo aumento de 17 taxas municipais

Os socialistas afirman que se "penaliza" aos veciños coa suba da recollida de lixo, o saneamento ou a auga, mentres que o executivo local di que se "actualizan" os impostos

Consistorio de Cervo. AXM

O goberno local de Cervo e o PSdeG-PSOE polemizaron este luns pola suba de 17 ordenanzas fiscais, que segundo os socialistas “mermará a capacidade de aforro das familias”, mentres que o executivo local defende que se trata “dunha actualización” das taxas en base á “xestión pública” de servizos como o saneamento, a auga ou a recollida de lixo.

Os socialistas cervenses remarcan que no pleno celebrado o pasado venres o goberno do Partido Popular (PP) aprobou unha suba do 4,2% en taxas que “afectan á vida diaria dos veciños ou a xestións de imperiosa necesidade, como a recollida de lixo, do 9% e amortiguada pola bonificación de Sogama, o saneamento, os servizos deportivos como a piscina municipal, as licenzas de obra, os trámites catastrais ou a axuda no fogar“.

O voceiro do PSdeG-PSOE cervense, Francisco Mon, afirma que “esta suba non é necesaria posto que o noso Concello vén de cerrar as súas contas con superávit e conta cun remanente duns tres millóns de euros, por isto o lóxico sería trasladar a“suposta
bonanza aos veciños e non seguilos penalizando subindo impostos”.

“Este momento estamos totalmente en contra”, aseguran os socialistas, porque a suba “mermará a dispoñibilidade ou o aforro das familias e afundirá aínda máis a pequenos empresarios e autónomos, e sobre todo, porque non se traduce nin na ampliación nin na mellora dos servizos”.

“No caso de querer encontrar a estabilizade orzamentaria e a sostibilidade financieira“, argumenta o grupo municipal socialista, “propoñemos ao grupo de goberno do PP outras alternativas, como poden ser: recortar os salarios dos propios membros do goberno, reducir os importes pola asistencia a Xuntas de Goberno -150 euros
por sesión- ou prescindir dos servizos do asesor de comunicación do Concello”.

O CONCELLO RESALTA QUE MUNICIPALIZOU OS SERVIZOS

Pola súa banda, a edil de Facenda, Dolores García Caramés, afirmou que no pleno “aprobouse unha actualización de diferentes taxas”, un procedemento “normal, nada excepcional, tal e como tamén se actualizan os gastos que ten, por exemplo, calquera Administración”.

Caramés fixo fincapé en que o Concello de Cervo “xestiona publicamente a gran maioría dos servizos que presta á veciñanza, como por exemplo o sanenamento, a auga ou a recollida de lixo, que no seu día o PSOE privatizara, e que recuperamos cando chegamos ao Goberno”.

“É comprensible que esta preferencia do PSOE de Cervo pola xestión privada e non pola pública -engadiu- o leve a ser impreciso nas súas manifestacións sobre esta materia”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here