IniciosociedadeArquivada a denuncia contra o valado no que o Concello ridiculizou a...

Arquivada a denuncia contra o valado no que o Concello ridiculizou a achega da Xunta para o Pepe Barrera

O PP impugnara o valo do goberno local por suxerir que o investimento do Goberno autonómico para a reforma do campo de fútbol, de 46.000 euros, "non dá nin para pipas"

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Mondoñedo arquivou a denuncia presentada polo Partido Popular (PP) contra o valado publicitario ubicado no Pepe Barrera, no que o Concello expuxo a achega de cada administración -autonómica, provincial e municipal- para a reforma do campo de fútbol, suxerindo que o investimento da Xunta de Galicia “non dá nin para pipas”

O PP entendía que se destinaran cartos públicos para resaltar a achega dunhas administracións fronte a outras, dado que o valado sinalaba que a Deputación investirá 140.000 euros, por 235.000 do Concello e 47.000 da Xunta. O goberno local mostrouse crítico co diñeiro ofrecido polo Executivo autonómico, coas competencias en materia deportiva.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, sostén que “parece que estaba doído o PP porque se puxera un valo no campo de fútbol no que obxectiva e honestamente se explicaba a achega de cada administración, unhas con máis diñeiro porque máis ofreceron, e outras de maneira ínfima porque achegaron moito menos”.

“O PP QUERÍA APLICAR UNHA MORDAZA”, DI O ALCALDE

Suárez Barcia acusa ao PP de “pretender unha labor inquisitorial, de aplicar unha mordazaÉ dicir, tapar as miserias do castigo dalgunhas administracións a Ribadeo, non dando moitos recursos e pretendendo que durante a campaña electoral elimináramos todo tipo de cartelería, todo tipo de información”.

“Estamos no século XXI, creo que estamos na Europa do primeiro mundo e a liberdade de expresión ten que prevalecer por riba de todo, sobre todo cando no te metes con ninguén e se dis a verdade. O que ten que facer esa administración, que dá pouco, para a seguinte vez é dar moito máis e nese caso terá a correspondente repercusión obxectiva”, sostén o rexedor, que asegura que “vou seguir facendo iso sempre que estime convinte”.

OUTRAS DÚAS DENUNCIAS DESESTIMADAS

A XEZ tamén desestimou outras dúas denuncias contra Suárez Barcia, unha delas por unha visita do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, á Mariña Lucense, e outra por “supervisar” co concelleiro de medio rural, Suso Mundiña, “uns camiños que estamos amañando, moito antes do inicio das eleccións xerais”.

TRALAS PIPAS, DONUTS

A polémica polo valo foi obxecto de sorna con outro panel pendurado na estrada da Estación de Ribadeo, onde persoas descoñecidas tiraron de ironía para cifrar cun donut a achega de “cero euros” da Deputación, Xunta e Concello para arranxar a vía, en estado de deterioro.

Os accidentes son comúns nesta estrada, cun proxecto de ampliación e mellora do firme que por agora non se executou, dado que segundo o Concello as obras proxectadas son máis complexas do previsto nun principio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...