Os mellores castelos de area, a concurso en Barreiros

O certame, que organiza o Concello, celebrarase o día 25 e ofrecerá premios en distintas categorías

Participantes nunha edición do certame de castelos de area. ACTUALIDAD DE BARREIROS

O habitual concurso de castelos de area que organiza cada verán o Concello de Barreiros será o vindeiro mércores, día 25. O certame comezará ás 11.30 horas na praia de Arealonga, na parroquia de Santiago de Reinante

Os interesados en inscribirse deben facelo entre as 10.00 horas e as 11.00, a carón do posto de socorrismo que hai no areal. Haberá distintas categorías e tamén diferentes premios para os mellores castelos de area.

“OBRAS DE ARTE”

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “a marea baixa está prevista para as dez menos cuarto da mañá, de aí a hora prevista”. O rexedor asegurou que “no certame poderanse ver auténticas obras de arte”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here