IniciosociedadeArrinca o obradoiro de emprego 'Sendas de Burela, Cervo e Xove VI',...

Arrinca o obradoiro de emprego ‘Sendas de Burela, Cervo e Xove VI’, con 25 participantes

O obradoiro ofrecerá formación teórica e práctica durante os próximos nove meses en sectores como a pintura de interiores e exteriores, a xardinería ou o forestal

Publicada o

- Advertisement -

O obradoiro de emprego ‘Sendas de Burela, Cervo e Xove VI‘ iniciou este xoves a súa actividade con 25 persoas participantes, das que 20 son alumnos traballadores e as cinco restantes ocupan os postos de dirección, administración e docencia (tres monitores).

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na inauguración do taller, que promove o Concello de Xove xunto cos outros dous municipios mariñáns e está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria con 336.446 euros. No acto tamén estiveron, entre outras persoas, os alcaldes de Xove, Demetrio Salgueiro; o de Cervo, Alfonso Villares, e o de Burela, Alfredo Llano.

O obradoiro ofrecerá formación teórica e práctica durante os próximos nove meses e ao finalizar o acceso a un certificado de profesionalidade co que poderán acreditar a experiencia adquirida.

No taller impártense as especialidades de ‘Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción‘ -con sete persoas alumnas de Burela-; así como formación no ámbito da xardinería e traballos forestais -con sete inscritos de Xove e seis de Cervo-.

CERVO

En canto aos proxectos que acometerán, en Cervo centraranse no mantemento e mellora de parques e xardíns municipais -parque Reina Sofía de San Cibrao e parque das Lobeiras de Cervo- e de numerosos espazos verdes de distintos puntos do concello. En concreto, en San Cibrao está previsto traballar na zona da Veiga, entorno da rúa Aduana, Praza do Lugar, Praza dos Campos, área verde adxacente á capela, contorna da antiga fábrica de salazón e rotondas das avenidas da Mariña e da Veiga. Tamén na rotonda da avenida de Galicia de Cervo e na zona da ponte medieval de Lieiro, entre outras.

Así mesmo, está previsto continuar coa creación e mellora de xardíns na zona das vivendas sociais da Atalaia de San Cibrao e coa limpeza e rexeneración do bosque autóctono situado no entorno do polígono de Cuíña.

XOVE

As actuacións programadas en Xove inclúen o mantemento e mellora medioambiental de espazos públicos como a senda fluvial da Ruta dos Muíños (parroquia da Rigueira); o parque do entorno do centro cívico e o da rúa Doutor Baamonde Illade; as zonas verdes da urbanización de Palmeiro, do centro de formación Casa dos Maestros e do centro social de Lago; a área recreativa de San Antonio da Rigueira e o entorno das ruínas da Ermida de San Tirso de Portocelo.

BURELA

En Burela, proxéctanse obras de mantemento e mellora nos locais interiores do edificio multiusos; a Praza da Mariña; a antiga biblioteca; a casa da xuventude e a escola de música ou o centro de drogodependencias, entre outros. Tamén se prevé a mellora de mobiliario urbán e a sinalización horizontal de pasos de peóns en distintas rúas.

OPORTUNIDADE DE INSERCIÓN LABORAL

Llano precisou que os traballos en Burela van ser “pinturas de interiores, pinturas en exteriores e marcados de sinalización horizontal. Unha vez rematado este traballo, a xente á que lle guste e pode valer poderá ter unha oportunidade de inserción laboral”, expuxo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...