IniciosociedadeA escola de música de Ribadeo, primeira da provincia en contar cun...

A escola de música de Ribadeo, primeira da provincia en contar cun desfibrilador

Unha mochila permitirá utilizar o recurso tamén no exterior do centro, ubicado a carón do parque municipal e en pleno núcleo urbán

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo convértese no primeiro espazo público cardioprotexido do concello. A escola ribadense é pioneira entre os centros de ensino musical da provincia de Lugo en implantar un desfibrilador externo semi automático (DESA).

Nos pasados días colocouse no centro o primeiro desfibrilador semiautomático de uso público neste concello. O responsable da EMMeD, Hugo García Presno, manifestou que “o que pretendemos é dar un paso adiante en seguridade e protección, xa que tanto alumnado como profesorado e as familias pasan moitas horas no centro. Así mesmo cremos que a ubicación do mesmo nesta instalación, a carón do parque municipal e en pleno centro da vila, é idónea para se fose o caso, ter que saír co DESA”.

PRIMEIRO ESPAZO PÚBLICO CARDIOPROTEXIDO DO CONCELLO

O director precisou que “pensando nesa opción de mobilidade, en lugar de colocarse fixo nunha parede, dotouse dunha mochila que fai que sexa fácil o seu transporte ante calquera actuación”. O centro ribadense será pioneiro entre as escolas de música en dispór deste servizo.

FORMACIÓN AO PROFESORADO

Con relación á seguridade, un dos aspectos que acostuma a preocupar máis tanto ao centro como ao resto da comunidade educativa, era unha idea coa que se levaba tempo traballando e que finalmente se conseguiu: “o camiño da implantación de novas medidas de seguridade na escola leva xa tempo presente e este é un paso máis que nos permite continuar ofrecendo un servizo diferenciador e de profesionalidade na atención ás alumnas e alumnos. Todos estes avances non serían posibles sen o apoio da Concellaría de Ensino, que fixo o esforzo para cubrir esta necesidade”, apunta García Presno.

O profesorado do centro foi formado en primeiros auxilios e uso do DESA garantindo así o seu correcto manexo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...