IniciosociedadeA guía do Museo do Mar falará este martes de como "romper...

A guía do Museo do Mar falará este martes de como “romper os límites” da cegueira

Ángeles Miguélez Martínez, que amosa aos visitantes os segredos da colección malia ser invidente, ofrecerá unha charla de concienciación no Día das Persoas con Discapacidade

Publicada o

- Advertisement -

A Rede Museística da Deputación de Lugo conmemora, como cada ano, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra este martes, 3 de decembro. Baixo o lema ‘Museos sen Límites, Museos Posibles‘, o Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da Rede organiza unha serie de actividades no Museo do Mar e na sala de exposicións do Pazo de San Marcos.

Trátase de actividades pensadas para concienciar sobre a situación das persoas con capacidades diferentes en múltiples aspectos da súa vida, organizadas en colaboración con asociacións da contorna.

PLAN ESTRATÉXICO INCLUSIVO

A Rede Museística, “no seu afán de acadar un museo social, fai un traballo a longo prazo pola inclusión e a diversidade, organizando numerosas actividades adicadas aos colectivos máis desfavorecidos e invisibilizados, un labor que foi recoñecido en diferentes ocasións por parte de colectivos e asociacións”, expoñen desde a Deputación.

No ano 2000 a Rede Museística ideou o seu Plan Estratéxico Inclusivo, potenciado en 2008 pola creación do Departamento de Capacidades Diferentes, que avoga “por uns museos inclusivos e accesibles, adaptando o espazo, o, contido, o discurso e a montaxe; para acadar a plena integración das persoas con capacidades diferentes e alcanzar unha sociedade realmente xusta”, indican desde o goberno provincial.

PARTICIPARÁN USUARIOS DE CAMIÑA

Neste aspecto a Rede Museística da Deputación de Lugo vai máis alá da mera prestación de servizos para persoas con capacidades diferentes e adapta os seus postos de traballo para garantir a súa inclusión, como no caso de Ángeles Miguélez Martínez, guía do Museo provincial do Mar e invidente, que impartirá a conciencia-obradoiro ‘Rompendo límites‘ que terá lugar o martes 3, no Museo Provincial do Mar. Será ás 18.00 horas, coa participación de usuarios da Asociación Camiña de Burela.

O martes, 16 de decembro, as actividades serán en Lugo. De 11.00 a 13.00 horas, celebrarase o obradoiro ‘O poder da presenza‘, a cargo de Encarna Lago con usuarios de Cogami. Tamén haberá unha charla da artista invidente Lorena Quintás Rojo, baixo o título ‘Nin límites nin barreiras‘.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...