IniciosociedadeO Goberno comezará "en semanas" as obras do Centro de Atención da...

O Goberno comezará “en semanas” as obras do Centro de Atención da Seguridade Social de Viveiro

A obra, cun prazo de execución de dez meses, contará cun investimento de 844.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno central, Isabel Rodríguez, avanzou hoxe que nunhas semanas comezarán as obras de construción do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social en Viveiro. Rodríguez destacou que este luns publicase no Boletín Oficial do Estado do anuncio da formalización do contrato para a execución do proxecto.

A subdelegada lembrou que o ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social investirá 844.000 euros (IVE incluído) na creación do novo edificio, que se levantará nunha parcela situada fronte á zona portuaria. A dirección provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) adxudicou as obras á empresa Construcciones Jesús Naray e teñen un prazo de execución de dez meses.

O novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social de Viveiro, que dá servizo aos veciños dos concellos da Mariña Oriental, será un edificio de nova construción que se vai levantar nunha parcela de 1.490 m2 que é propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social e está situada na avenida de Ramón Canosa, número 6, a carón do edificio de Correos.

O proxecto da nova sede da Seguridade Social prevé a construción dun edificio acristalado e rectangular, dunha única planta. Terá 294 m2 dedicados a área administrativa, que incluirá a zona de atención aos cidadáns, e outros 74 para para servizos como arquivo ou almacén.

Na parte posterior do edificio está prevista a creación dun aparcadoiro con capacidade para once automóbiles, unha praza reservada para persoas con mobilidade reducida e área para o estacionamento de motocicletas e bicicletas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...