IniciosociedadeA Feira de Antigüidades da Pontenova amosará a colección de instrumentos medievais...

A Feira de Antigüidades da Pontenova amosará a colección de instrumentos medievais do Centrad

A cita, do 6 ao 8 de decembro, reunirá a 60 expositores de España, Portugal e Francia

Publicada o

- Advertisement -

A Feira de Antigüidades da Pontenova, que reunirá máis de 60 expositores do 6 ao 8 de decembro, contará coa colección de instrumentos medievais do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Deputación de Lugo.

Estas xoias viaxarán polas comarcas de Lugo e terá como primeiro destino a feira pontenovesa. Inaugúrase así un proxecto co que se quere visibilizar o traballo realizado nos últimos anos no Obradoiro de Instrumentos Musicais do Centrad para construír réplicas dos instrumentos das esculturas ciceladas nos pórticos de igrexas como as de San Xoán de Portomarín e Santo Estevo de Ribas de Sil.

FROITO DUN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

O deputado de Artesanía, Efrén Castro, explicou que “presentamos por primeira vez fora do Centrad O Son do Tempo, da Pedra a Madeira, unha mostra de instrumentos musicais reconstruídos a partir dun estudo minucioso das esculturas en pedra que se conservan nos numerosos monumentos históricos  da nosa provincia”.

A exposición que comezará así un percorrido por concellos de toda a provincia. A colección é resultado dun traballo de investigación e formación que se ven realizando no Centrad desde hai décadas, coa implicación de artesáns, organólogos, historiadores da arte e músicos. Trátase dunha das coleccións máis importantes de instrumentos de corda dos séculos XII e XIII, cunha giga, rota, cítola, viola de perna, viola de brazo, zanfona e organistro, entre outros.

“Trátase dun patrimonio moi valioso que se comparte con músicos e compositores a través dun servizo de préstamos temporal e que pode ser desfrutado por todos na exposición do propio Centrad, pero que queremos achegar tamén as comarcas con iniciativas coma esta”, destacou Castro.

VEHÍCULOS CLÁSICOS E DEMOSTRACIÓNS DE OFICIOS

O anuncio desta nova exposición tivo lugar no acto de presentación da décimo terceira edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que contou coa participación do deputado de promoción económica e social, Pablo Rivera, o alcalde da Pontenova, Darío Campos, o tenente de alcalde pontenovés, Francisco Martínez, ademais de Castro.

A Feira, que se celebrará do 6 ao 8 de decembro, contará con 60 expositores de antigüidades e artesanía, chegados de diferentes puntos do Estado, de Portugal e de Francia, ademais de outras actividades como a IV Xuntanza de Motos e Coches Clásicos e demostracións ao vivo de diferentes oficios tradicionais: cestaría, zoqueiro, tear triangular, torno de madeira, forxa de ferro ou coiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...