IniciosociedadeO PP de Foz insta ao Concello a redactar o PEPRI e...

O PP de Foz insta ao Concello a redactar o PEPRI e dotalo dunha partida nos orzamentos para 2020

Os populares lembran que a aprobación do plan de protección para o casco antigo será un "proceso longo" no que deben "participar os veciños"

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Foz presentará unha moción de cara ao pleno do vindeiro xoves para que o Concello “contrate o antes posible o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI)” e que destine unha partida para o documento nos orzamentos para 2020.

O voceiro dos populares, Jorge Castiñeira, explica que na sinatura da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Foz adquiriuse o compromiso de “redactar un PEPRI nunha zona xa delimitada, que coincide coa parte máis antiga da vila, coa intención de que puidera ser desenrolada máis minuciosamente unha vez se aprobara o PXOM debido ao seu carácter distintivo e orixinal”.

Esa zona, afonda Castiñeira, “inclúe unhas normas de ordenación provisionais concretas que o protexen pero que non o desenrolan e que debe ser contratado e redactado a un equipo de profesionais do mesmo xeito que se fixo co PXOM”.

Deste xeito, insta ao goberno bipartito, “despois de seis meses de inactividade”, e “tendo en conta que vai ser un proceso longo no que deben participar os veciños“, a contratar “o antes posible” o mencionado documento e a incluír “unha partia específica para este proceso nos orzamentos de 2020”.

Castiñeira cualificou a aprobación deste último documento de “gran avance” para o municipio, que o “moderniza” e “adáptao á legalidade urbanística actual, mellorando a seguridade xurídica e implicando un cambio fundamental na planificación, organización e especialmente na protección da contorna urbana e rural do patrimonio histórico de Foz”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...