Elsa deixa ventos de máis de 138 km/h en Viveiro nun mércores con alerta laranxa

A Xunta decidiu suspender as actividades no exterior dos colexios e mantense activado o aviso amarelo por temporal costeiro

Ponte da Misericordia, en Viveiro. EFE

A borrasca Elsa, que mantén en alerta laranxa o litoral de Galicia, deixou ventos que sopraron a case 140 quilómetros por hora en Viveiro este mércores, segundo informa Meteogalicia.

A estación de Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), rexistrou o refacho de vento máis intenso, a 138,2 km/h; en Xesteiras, en Cuntis (Pontevedra), soprou a 117 km/h; e A Gándara, en Vimianzo (A Coruña), a 116 km/h.

A ondada afectará tamén ás provincias costeiras, con ondas que poderán alcanzar os seis metros, polo que a Xunta xa avisou desta situación aos concellos afectados e recordou a importancia de manterse afastados da liña de costa. Na Mariña mantense activada a alerta amarela.

VIVEIRO PECHA O BELÉN XIGANTE

A orixe desta alerta de nivel laranxa está en Elsa, unha nova borrasca ampla e profundamente situada no Atlántico norte, que chegará este mércores á península cargada de aire húmido e templado, o que dará lugar a un temporal de choiva e vento en prácticamente todas as rexións. A Xunta optou por suspender as actividades no exterior dos centros educativos e o Concello de Viveiro dediciu pechar o belén xigante Viveiro ante o Berce.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here